Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite

ACRIMSAT (acrónimo de Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite) é un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de decembro de 1999 mediante un foguete Taurus desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California, como carga secundaria xunto ó satélite Arirang-1.

Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor Satellite (ACRIMSAT)
ACRIMSAT
TipoObservatorio solar
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisOrbital Sciences Corporation[1]
Satélite deTerra
Data de lanzamento21 de decembro de 1999[2][3][4][5]
Foguete portadorTaurus[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3]
Obxectivo da misiónMedición da radiación solar.[3]
NSSDC ID1999-070B
Masa120 kg[1]
Dimensións77,5 cm de ancho (178 cm cos paneis solares estendidos) e 66,0 cm de alto[6]
Potencia80 vatios[6]
Datos orbitais
Semieixo maior7069 km[2]
Inclinación97,9 graos[2]
Apoapse717,6 km[2]
Periapse678,5 km[2]

Características editar

ACRIMSAT forma parte do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System) da NASA e está adicado á medición da variación irradiancia solar total.[1][3] A estrutura principal ten forma octogonal, cun ancho de 77,5 cm e un alto de 66,0 cm. Cos paneis solares estendidos a envergadura do satélite chega aos 178 cm. A potencia proporcionada polos paneis é de 80 vatios.[6]

ACRIMSAT mideu o efecto do paso de Venus fronte o Sol o 8 de xuño de 2004 na irradiancia solar.[7]

Instrumentos editar

ACRIMSAT usa como instrumento de medida o ACRIM-3, que mide a irradiancia cunha precisión mellor que o 0,1%. Os datos recollidos por ACRIM-3 estenden a medición da irradiancia feita polos instrumentos ACRIM-2 (a bordo do satélite UARS) e ACRIM-1 (a bordo do satélite Solar Maximum Mission en 1980).[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ACRIMSat" (en inglés). Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ACRIMSAT" (en inglés). Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 NASA (8 de xullo de 2011). "Acrimsat" (en inglés). Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  4. "Note verbale dated 7 March 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE: 14. 29 de marzo de 2000. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2016. Consultado o 05 de maio de 2018. 
  5. Mark Wade (2011). "ACRIMSAT" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 NASA, ed. (decembro de 1999). "AcrimSat Launch" (PDF) (en inglés). p. 21. Consultado o 2 de marzo de 2012. 
  7. "The Effect of the Transit of Venus on ACRIM's Total Solar Irradiance Measurements" (en inglés). 2005. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 29 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar