Actinomycetales
Actinomycetales | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrococcus mucilaginosis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subordes | |||||||||||
Actinomycineae |
Actinomycetales é unha orde de bacterias do filo das Actinobacteria. Son organismos moi diversos, clasifícanse en varios subordes e moitos illados están aínda sen clasificar. Algúns xéneros son moi difíciles de clasificar debido a que o seu fenotipo é moi dependiente do nicho ecolóxico que ocupan. Por exemplo, Nocardia contén varias especies que presentan grandes diferenzas debidas soamente ás condicións de crecemento.
As Actinomycetales son bacterias grampositivas, pero varias especies teñen complexas paredes celulares que fan que a tinguidura de Gram sexa inadecuada para caracterizalas; como ocorre coas Mycobacteriaceae. Varias Actinomycetales son patóxenas para os humanos ou os animais, plantas ou outros eucariotas. Un exemplo de patóxeno humano importante deste grupo é Mycobacterium tuberculosis, causante da tuberculose.
Algunhas especies utilízanse na industria farmacéutica e en investigación debido ás súas propiedades. A familia das Streptomycetaceae ten unha singular morfoloxía e ciclo celular e produce unha gran variedade de antibióticos. As Corynebacteriaceae, especialmente Corynebacterium glutamicum, utilízase para a produción de produtos químicos en biotecnoloxía, e a Corynebacterium diphtheriae produce a difteria.
Características
editarOs seus representantes son na súa maioría aerobios e con frecuencia forman esporas. Unha característica importante dos Actinomycetales é a formación de filamentos formados por células alongadas que en moitas especies forman redes similares a un micelio, polo que se parecen superficialmente neste aspecto a fungos (pero son bacterias). Non todas as especies forman micelios; por exemplo, a especie Mycobacterium bovis ten unha forma máis ou menos de barra alongada, Arthrobacter forma cocos ou células en forma de barra.
Os Actinomicetales (ademais de pola súa clasificación taxonómica poden dividirse en varios grupos segundo as súas características. Unha posibilidade é dividilos polo seu uso do osíxeno; hai especies que van desde as aerobias obrigadas (actinomicetos oxidativos) a outras que presentan características anaerobias crecentes, e mesmo especies que poden vivir sen osíxeno por medio dun metabolismo fermentativo. Isto último encóntrase principalmente na familia Actinomycetaceae, por exemplo nos xéneros Actinomyces e Arcanobacterium. As anaerobias facultativas habitan principalmente nas membranas mucosas dos animais e seres humanos, mentres que a maioría dos aerobios obrigados viven de forma natural no medio ambiente.
Subordes
editarO grupo das Actinobacteria divídese en 6 ordes, un dos cales é Actinomycetales. A esta orde pertencen os seguintes subordes e familias, ademais de varios illados non clasificados[1]:
- Suborde Actinomycineae Stackebrandt et al. 1997
- Familia: Actinomycetaceae
- Suborde Catenulisporineae Cavaletti et al. 2006[1] (esta orde é a de máis recente creación)
- Familias: Actinospicaceae - Catenulisporaceae
- Suborde Corynebacterineae Stackebrandt et al. 1997
- Familias: Corynebacteriaceae – Dietziaceae – Gordoniaceae – Mycobacteriaceae – Nocardiaceae – Segniliparaceae – Tsukamurellaceae – Williamsiaceae
- Suborde Frankineae Stackebrandt et al. 1997
- Familias: Acidothermaceae – Frankiaceae – Geodermatophilaceae – Kineosporiaceae – Nakamurellaceae – Sporichthyaceae
- Suborde Glycomycineae Rainey et al. 1997
- Familia: Glycomycetaceae
- Suborde Micrococcineae Stackebrandt et al. 1997
- Familias: Beutenbergiaceae – Bogoriellaceae – Brevibacteriaceae – Cellulomonadaceae – Dermabacteraceae – Dermacoccaceae – Dermatophilaceae – Intrasporangiaceae – Jonesiaceae – Microbacteriaceae – Micrococcaceae – Promicromonosporaceae – Rarobacteraceae – Sanguibacteraceae – Yaniaceae
- Suborde Micromonosporineae Stackebrandt et al. 1997
- Familia: Micromonosporaceae
- Suborde Propionibacterineae Rainey et al. 1997
- Familias: Nocardioidaceae - Propionibacteriaceae
- Suborde Pseudonocardineae Stackebrandt et al. 1997
- Familias: Actinosynnemataceae - Pseudonocardiaceae
- Suborde Streptomycineae Rainey et al. 1997
- Familia: Streptomycetaceae
- Suborde Streptosporangineae Ward-Rainey et al. 1997
- Familias: Nocardiopsaceae - Streptosporangiaceae - Thermomonosporaceae
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 NCBI webpage on Actinomycetales Data extracted from the "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 27 xuño 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Actinomycetales |
Ligazóns externas
editar- List all proteins in SwissProt from ActinomycetalesArquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- J.P. Euzéby. "Actinomycetales". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 27 xuño 2013.
- Labeda; et al. (2011). "Abstract of Reassessment of the systematics of the suborder Pseudonocardineae: transfer of the genera within the family Actinosynnemataceae Labeda and Kroppenstedt 2000 emend. Zhi et al. 2009 into an emended family Pseudonocardiaceae Embley et al. 1989 emend. Zhi et al. 2009". International Journal of Systematic Evolutionary Microbiology vol. 61. pp. 1259–1264. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 27 xuño 2013.