Acordo de Límites (1926)
O Convenio de Límites, ou Acordo de Límites, de 1926 foi un convenio celebrado entre Portugal e España, asinado o 29 de xuño de 1926, en Lisboa.
Este convenio tiña coma obxectivo que as poboacións que habitaban os territorios fronteirizos dos dous países, dende a desembocadura do río Cuncos á do Guadiana, desfrutaran, en toda a súa extensión, dos mesmos beneficios dos que gozan as dos territorios abranguidos polo Tratado de Lisboa (1864), definindo, así, clara e positivamente tanto a liña da fronteira na parte aínda non demarcada, entre a mencionada confluencia do río Cuncos e a do Guadiana, como os dereitos das vilas veciñas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Acordo de Límites (1926)" (PDF). Consultado o 10 de maio de 2018.