Acindar
ACINDAR (acrónimo de Aceros Industria Argentina), é unha empresa arxentina que fabrica aceiros para a industria, o campo e a construción.
Fundouse no ano 1942, instalándose a súa primeira planta industrial na zona sur de Rosario. A crecente expansión industrial determinou á empresa, que producía 100 000 toneladas anuais de aceiro, a abrir en 1951 unha nova planta en Villa Constitución.
Cotiza na Bolsa de Comercio de Buenos Aires desde 1948.