Acariocito

Un acariocito[1] ou acariota é unha célula sen núcleo, coma os virus ou os glóbulos vermellos (os eritrocitos humanos carecen de núcleo despois de desenvolverse, ao revés que os doutras especies), libre de orgánulos e metabolismo. Porén, poden posuír información xenética, en forma de ADN ou ARN, e transcriptases inversas que lle permiten infectar unha célula (no caso dun virus). Os acariocitos non forman parte dos sete rangos principais de taxóns.

Eritrocitos do sangue humano, sen núcleo
Eritrocitos de ra. Anfibios, aves e réptiles posúen eritrocitos con núcleo

Análise sobre o concepto de vidaEditar

 
Virus do VIH

Até a década de 2010, o termo "acariota" non se aplicaba aos organismos vivos, capaces de reproducirse sen necesitar un organismo hóspede: un organismo unicelular sen núcleo dise que é un procariota, en oposición aos eucariotas, organismos unicelulares ou pluricelulares caracterizados en particular pola presenza dun núcleo.

Hai virus, coma os da inmunodeficiencia humana con estruturas externas de membrana lipídica denominada envoltura viral e outras internas chamadas cápsidas, porén ningún virus posúe núcleo.

Con todo, o debate sobre a definición de vida baséase en nocións complexas[2][3][4] e este debate está aberto de novo: ao ampliar a definición de vivir a unha entidade que diminúe o nivel de entropía e que se reproduce cometendo erros, os virus poderían considerarse vivos. Así, algúns dos acariocitos, aqueles que poden ser replicados, poderían considerarse vivos.

NotasEditar

  1. "Termo acariocito". bUSCcatermos. 
  2. Les virus sont-ils des êtres vivants ? (en francés)
  3. Les différences entre virus et êtres vivants Arquivado 29 de setembro de 2020 en Wayback Machine., en L'internaute (en francés)
  4. 111864 (14-1-2022). "Podemos considerar os virus como seres vivos? (en francés)". Sciencesetavenir.fr. .