Real Academia Hispánica de Filatelia

(Redirixido desde «Academia Hispánica de Filatelia»)

A Real Academia Hispánica de Filatelia fundouse o 13 de maio de 1978 en Madrid co propósito de promover e divulgar todo o relacionado coa filatelia e a historia postal en España. En 1980 nomeáronse os primeiros académicos que elixiron a Jorge Guinovart como primeiro presidente. O seu presidente actual é Ramón Cortés de Haro. Ten desde 2000 como órgano de expresión o boletín Academus dirixido por Leoncio Mayo e xa desde 1983 publica en forma de libro os discursos de entrada de novos académicos. No ano 2003 con motivo do seu 25 aniversario o Correo español dedicoulle un selo e no ano 2006 o rei Xoán Carlos I concedeulle o título de Real[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar