Abumuslim Dzhafarov

Abumuslim Pirmagomedovich Dzhafarov (en tabasaran Абумуслим Пирмягьямедович Джяфаров), nado en Khiv en 1908 e finado en 1968, foi un escritor, poeta e dramaturgo tabasaran, fundador da literatura tabasaran[1].

Infotaula de personaAbumuslim Dzhafarov
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Khivsky District, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1968 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua tabasaran Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia labrega da aldea de labregos, na vila de Khiv no Daguestán. Educado na escola técnica de Derbent,  e traballou como profesor na súa localidade natal, así como na editorial pedagóxica do Daguestán. En 1924 publicou o seu primeiro conto na prensa. Traduciu ao tabasaran obras de Ivan Krylov, Pushkin, Gorky, Vladimir Maiakovski ou Gamzat Tsadasa. Membro da Unión de Escritores da URSS dende 1936. En 1937 as autoridades detivérono acusado de apoiar o réxime de Mussolini en Italia coa frase: "Longa vida ao socialismo en Italia!". Logo de dez anos na prisión liberárono e continuou a escribir, rehabilitándose publicamente a súa figura en 1953.

Actividade literaria editar

En 1924 publicou o seu primeiro conto e en 1933 deu ao prelo a súa primeira colección de poemas Сабпи гамар e en 1934 outra en colaboración con D. Radzabov. De 1936 é a peza teatral МучIу-валиан акувализ. Escribiu tamén un ciclo de poemas dedicados a V. I. Lenin. Continuou publicando tanto poesía como narrativa ou teatro ata a súa detención e tras a súa rehabilitación publicou sete coleccións de poesía, 2 pezas teatrais, 2 novelas e unha colección de contos. A súa derradeira quedou inacabada, Накьвдиъ концерт, de carácter autobiográfica, reflectiu nela todas as dificultades vividas durante a súa permanencia no campo de prisioneiros.

Notas editar

  1. Гасанов М. М. "Табасаранская литература" Краткая литературная энциклопедия / Гл. ред. А. А. Сурков. — М.: Сов. энцикл., 1962—1978