Abscisión
A abscisión é a separación dunha parte do corpo. En botánica utilízase para referirse ó proceso polo que unha planta perde autóxenamente (inducida pola propia planta) unha ou máis partes da súa estrutura como poden se-las follas, froitos, sementes ou flores. Nas plantas caducas esta caída dáse nunha estación, mentres que nas perennes esténdese ó longo de todo o ano. O proceso débese a unha capa de células especial que separa a parte que vai caer do resto persistente do vexetal.
Dálle nome do ácido abscísico por crerse que este tiña un papel determinante na abscisión, o que non é certo senón que é o etileno o que estimula a abscisión de follas, froitos e flores en moitas especies[1].
Notas
editar- ↑ Ray Franklin Evert et al.: Esau's Plant Anatomy: Meristems, Cells, and Tissues of the Plant Body, 3ª ed., John Wiley and Sons, 2006, páxina 123
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |