Abhisit Vejjajiva

político tailandés

Abhisit Vejjajiva, nado en Newcastle upon Tyne (Reino Unido) o 3 de agosto de 1964, é un político de Tailandia, líder do Partido Demócrata, primeiro ministro do país desde o 15 de decembro de 2008 ata o 2011.

Modelo:BiografíaAbhisit Vejjajiva

(2010) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(th) อภิสิทธิ์ เวชชาชีวะ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Newcastle upon Tyne, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Tailandia
17 de decembro de 2008 – 5 de agosto de 2011
← Chaovarat Chanweerakul (en) TraducirYingluck Shinawatra →
Leader of the Opposition (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt John's College (en) Traducir
Eton College
Nuffield College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, político, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocrat Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePimpen Vejjajiva Editar o valor en Wikidata
PaiAthasit Vejjajiva Editar o valor en Wikidata
IrmánsNgarmpun Vejjajiva
Alisa Wacharasindhu Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia Editar o valor en Wikidata
Sitio webabhisit.org Editar o valor en Wikidata
Twitter: PM_Abhisit Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e educación

editar

Abhisit naceu no Reino Unido, fillo do doutor Athasit Vejjajiva e a doutora Sodsai Vejjajiva, ambos os dous médicos. O seu pai foi tamén un influente político tecnócrata. Logo de estudar na Universidade de Chulalongkorn, trasladouse á Scaitcliffe School, completando a súa educación secundaria no Eton Abhisit College.

Abhisit foi admitido en St. John's College, Oxford, onde se graduou bacharel en Filosofía, Política e Economía. Ensinou brevemente na Real Academia Militar de Chulachomklao, pero regresou a Oxford para obter o grao de mestrado en Economía. Logo converteuse en profesor da Facultade de Economía da Universidade de Thammasat. En 1990 tamén obtivo a licenciatura en Dereito pola Universidade de Ramkhamhaeng.

Formado na Universidade de Oxford graduouse en Filosofía, Ciencias Políticas e Economía, obtendo máis tarde o mestrado en economía e o graduado en Dereito. Foi profesor de Economía na Universidade de Thammasat.

Carreira política

editar

A primeira vez que accedeu ao Parlamento foi en 1992, sendo reelixido en 1995 e 1996. Despois regresou en 2001 e 2005 polo Partido Demócrata de Tailandia. Durante a súa carreira política foi Portavoz do Goberno, Vice-Secretario do Primeiro Ministro en Asuntos Exteriores e Ministro da Presidencia.

Líder da oposición desde febreiro de 2005, foi a figura central do boicot ás eleccións lexislativas do 2 de abril de 2006 que deron a vitoria, posteriormente invalidada polos tribunais, a Thaksin Shinawatra, elixido entón Primeiro Ministro ata que foi derrocado polo golpe de Estado do 19 de setembro seguinte.

Trala retirada do primeiro ministro Samak Sundaravej durante a crise de 2008, Vejjajiva perdeu a votación na Asemblea Nacional que elixiu o novo primeiro ministro fronte ao novo líder do Partido do Poder do Pobo (PPP), Somchai Wongsawat, por 163 a 298 votos. O 2 de decembro de 2008, o Tribunal Constitucional de Tailandia decidiu prohibir as formacións política que conformaban o bloque de goberno por fraude nas eleccións de 2007, incluíndo ao PPP, e o primeiro ministro foi cesado, sendo sucedido de forma provisional polo vice primeiro ministro, Chavarat Charnvirakul.

Cando se fixo evidente que outro goberno formado polo Phak Pheu Thai, sucesor do Partido do Poder do Pobo, non ía poder formar goberno cos restos do partido Nación Tailandesa e do Partido Democrático Neutro, Vejjajiva, co apoio do seu propio partido e de parte dos deputados que formaban a antiga coalición de goberno, entre eles Newin Chidchob e outros 37 deputados do PPP, formouse unha nova maioría na Asemblea Nacional que, mediante votación, elixiulle o 15 de decembro de 2008 como novo primeiro ministro con 235 votos a favor e 198 en contra, fronte a Pracha Promnok.[1]

  1. "Abhisit Vejjajiva, nuevo primer ministro de Tailandia", artigo en El País, 15 de decembro de 2008 (en castelán).