Abel Reverter

deseñador visual galego

Abel Reverter Valeiras, nado en Ourense[1] en 1988, é un deseñador visual galego.

Modelo:BiografíaAbel Reverter
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador de gráficos en movemento Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De familia vinculada á enxeñería, estudou Comunicación Audiovisual[2] na Universidade Complutense de Madrid. En 2011 comezou a traballar como bolseiro nun estudo londiniense de deseño visual, o que o levou a contactar con outras empresas do sector e iniciar a súa carreira profesional como deseñador de gráficos en movemento.

Traballou para varios estudos de deseño gráfico e deseño visual no Reino Unido e nos Estados Unidos, como MPC, primeiro como freelancer e a partir de 2017 con postos xa sénior como director de arte para Monstro.TV ou Territory Projects[3]. Os seus deseños visuais apareceron no filme Blade Runner 2049, e en distintas campañas publicitarias de nivel internacional para Apple, Spotify, Microsoft, Google ou The New York Times[2].

En 2012 coñeceu a deseñadora británica Katie Menzies, coa que iniciou unha relación sentimental[2] e laboral e a canda ela fundou en 2018 o estudo Cabeza Patata en Londres.

  1. Ascón, Miguel (2022-12-26). "Abel Reverter: «La campaña gráfica de Apple para el Año Nuevo chino se hizo en la casa de mi abuela en Ourense»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-04-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Penelas, Sandra (2023-04-02). "Abel Reverter, el artista visual ourensano que trabajó para Google y Spotify". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-04-03. (require subscrición (?)). 
  3. "Abel Reverter (perfil)". LinkedIn. Consultado o 3/4/2023. (require rexistro (?)).