Abel Paz
Diego Camacho Escámez, máis coñecido polo pseudónimo de Abel Paz, nado en Almería o 12 de agosto de 1921 e finado en Barcelona o 13 de abril de 2009, foi un escritor, historiador e militante do movemento libertario.
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Diego Camacho Escámez 12 de agosto de 1921 Almería (Restauración borbónica en España) |
Morte | 13 de abril de 2009 (87 anos) Barcelona (España) |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, anarquista |
Membro de | |
Interesado en | Movemento obreiro en España |
Familia | |
Cónxuxe | Antònia Fontanillas Borràs (1952–), 1958 |
Fillos | Ariel Camacho |
Pai | Ariel Camacho |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Diccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) , (sec:Paz, Abel, p.1034) |
Traxectoria
editarFillo dunha familia de xornaleiros do campo, condición que lle fixo aproximarse a ideoloxías anarquistas ó observar as diferenzas de clases entre obreiros e burgueses na súa infancia e mocidade. Entrou a formar parte das Federación Ibérica de Juventudes Libertarias e a Confederación Nacional do Traballo.
Trasladouse a Barcelona con oito anos, estudando na escola nocturna de Clot. En 1936 loitou nos grupos de defensa confederais de Clot e participou no grupo Los Quijotes del Ideal. En 1938 combateu coas milicias confederais na fronte de Artesa (Lleida) refuxiándose en Tolosa (Francia) en 1939 ó caer a república, sendo internado nos campos de concentración de Bram, Saint Cyprien, Argèles e Barcarés. Ata 1941 traballou como prisioneiro no muro do Atlántico para o Partido Nacionalsocialista.
Regresou á España franquista e foi encarcerado dúas veces. Logo volveu a Francia, e non regresou a España ata 1977 establecéndose definitivamente no barrio de Gràcia en Barcelona.
Colaborador na prensa libertaria, conferenciante en múltiples actos, tamén destaca como un prestixioso escritor, converténdose no biógrafo principal de Buenaventura Durruti. A súa biografía sobre Durruti foi traducida a catorce idiomas.
El mesmo defínese como anarquista e o seu significado na entrevista concedida en 1997 a "Espai de Llibertat" con estas palabras:[1]
Son anarquista e ser anarquista é ser unha persoa coherente (paz espiritual, a tranquilidade, o campo, traballar o menos posible, o suficiente para poder vivir, gozar da beleza, do sol. Gozar da vida con maiúsculas, agora se vive en minúsculas). Ter unha conduta persoal. Levar as ideas á práctica ó máximo, sen esperar que haxa unha revolución. Iso pódese facer agora. É unha concepción filosófica, é un estado de espírito, unha actitude ante a vida. Penso que esta sociedade está moi mal organizada, tanto socialmente, como politicamente, como economicamente. Hai que cambialo todo. O anarquismo invoca unha vida completamente diferente. Trata de vivir esta utopía un pouco cada día.Abel Paz, 1997
Obra
editar- Durruti: el proletariado en armas (traducida a catorce idiomas).
- Crónica de la Columna de Ferro.
- Paradigma de una revolución.
- Al pie del muro (Memorias 1942-1954).
- Los internacionales en la Región española.
- Entre la niebla (Memorias 1939-1942).
- Chumberas y alacranes (Memorias 1921-1936).
- Viaje al pasado (Memorias 1936-1939).
- La cuestión de Marruecos y la República española.
- CNT 1939-1951. El anarquismo contra el Estado franquista.
Notas
editar- ↑ ""Espai de Llibertat" (Espacio de Libertad), 1997 (en catalán)". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2005. Consultado o 11 de decembro de 2007.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Paz, Abel: Entre la niebla. Memorias 1939-1942. Barcelona, edición de Abel Paz, 1993.