Abbots Langley
Abbots Langley é unha vila e parroquia civil do condado de Hertfordshire en Inglaterra. A súa poboación é de 19 574 habitantes.[1] É un asentamento antigo, que dependía da abadía de St Alban e xa aparece no Domesday Book[2] con nome de Langelai. En 1539 Henrique VIII quitoulle as terras da localidade á abadía e vendeulla ao seu enxeñeiro Richard Lee. Economicamente está ligado a Watford e formaba parte do seu antigo distrito rural. Desde 1974 é integrante do distrito Three Rivers.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/aa/Abbots_Langley_-_The_Church_of_St_Lawrence_the_Martyr_-_geograph.org.uk_-_272827.jpg/220px-Abbots_Langley_-_The_Church_of_St_Lawrence_the_Martyr_-_geograph.org.uk_-_272827.jpg)
Notas
editar- ↑ "Censo 2011 - Poboación". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2015.
- ↑ Clark, Clive W. (1997). Abbots Langley Then 1760–1960 ISBN 0-9531473-0-4.