Abrir o menú principal

Aatos Juho Michel Erkko, nado en Helsinqui o 16 de setembro de 1932 e finado na mesma cidade o 5 de maio de 2012, foi un xornalista e empresario do sector das comunicacións finlandés.

Aatos Erkko
Aatos-Erkko-1963.jpg
Nacemento16 de setembro de 1932
 Helsinqui
Falecemento5 de maio de 2012
 Helsinqui
NacionalidadeFinlandia
Alma máterUniversidade de Columbia
Ocupaciónxornalista, escritor e editor
PaiEljas Erkko
CónxuxeJane Erkko
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era neto do xornalista e político Eero Erkko, fundador do xornal Helsingin Sanomat (entón chamado Päiväleht e que se converteu no principal do país) e fillo do tamén político e xornalista Eljas Erkko. Aatos realizou estudos de posgrao na Universidade de Columbia, nos Estados Unidos e de volta en Finlandia traballou en Sanoma, a compañía editora do Helsingin Sanomat. Desde 1953 foi editor de Viikkosanomat, en 1961 pasou a exercer o mesmo posto no Helsingin Sanomat ata 1970. Foi tamén director executivo (1965-1976) e presidente (1976-2012) de Sanoma, e unha das personalidades máis influentes e ricas de Finlandia.