A raíña das neves
A raíña das neves[1][2] (no dinamarqués orixinal: Snedronningen) é un conto de fadas[3] escrito por Hans Christian Andersen e publicado por vez primeira no ano 1845; céntrase na loita entre o ben e o mal vivida por dous nenos, Kay e Gerda.
A raíña das neves | |
---|---|
A raíña das neves, iustración de Anne Anderson(1874-1930). | |
Título orixinal | Snedronningen |
Autor/a | Hans Christian Andersen |
Orixe | Dinamarca |
Lingua | Dinamarqués |
Xénero(s) | Conto de fadas, conto longo, literatura infantil |
Data de pub. | 1845 |
ISBN | [9788431660222] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Inclúese regularmente nos contos seleccionados e escolmas do seu traballo, ademais der ser reimpreso con frecuencia en edicións de libros de contos ilustrados para cativos. Malia ser un dos seus contos máis longos, a Andersen lle levou só cinco días para escribilo.[4]
A historia ten sido adaptada en diversos medios de comunicación, incluíndo dramas televisivos, videoxogos e filmes de animación, sendo o máis popular o da Disney, de 2013, chamado Frozen.
Capítulos
editar- Do espello e do anaco de espello
- Un neno mais unha nena
- O xardín da feiticeira
- O príncipe maila princesa
- A pequena ladra
- A saami maila finesa
- Do palacio da Raíña das neves e o que despois aconteceu
Notas
editar- ↑ Hans Christian Andersen. Contos de Andersen. Xavier Rodríguez Baixeras (tradución). Edicións Xerais. ISBN 9788483024553.
- ↑ Hans Christian Andersen (1986). A raíña das neves. Col. Rato Pérez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ Andrew Delahunty e Sheila Dignen (2012). Oxford Dictionary of Reference and Allusion. Oxford University Press. p. 334.
- ↑ Andersen, Hans Christian (2006). Wullschlager, Jackie, ed. Hans Christian Andersen - Fairy Tales (en inglés). Traducido por Nunnally, Tiina. Londres: Penguin Books. ISBN 9780143039525.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Frozen (filme de animación da Disney de 2013).
Ligazóns externas
editar- Texto bilingüe castelán - dinamarqués.
- Texto dinamarqués en Wikisource.
- Texto dinamarqués.
- Texto dinamarqués: facsímile electrónico.