A pereira na cultura popular galega

A seguir, recóllese a pegada da pereira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

Locucións editar

  • Como o can do hortelán, que non come as peras nin as deixa comer [1].

Refraneiro editar

  • A boa moza é coma a pera acelmosa, que ende coméndoa da gana de outra [2].
  • Ano de peras, non fai falla que veña [3].
  • Ano de peras, nunca acó veñas [4].
  • Auga ó figo; e á pera viño [5].
  • Día virá que teña peras o meu peral [6].
  • Esa pera rabo leva [7].
  • Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar [8].
  • O viño das peras non o tires nin o bebas, nin ó teu amigo o deas [9].
  • Viña, pereira e fabal, malos son de gardar [10].
  • Viño de peras non o bebas, nin o deas a quen ben queiras [9].

Cantigueiro editar

  • Chamáchesme pera parda,/ pera parda quero ser,/ anque caia de madura/ tu non me has de comer[11].
  • Dáme da pera que comes,/ da mazá un bocadiño,/ dame unha fala do peito,/ do curazón, un cariño[12].
  • Dise outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá peras no San Xoán,/ uvas brancas no xaneiro[13].
  • De Lisboa me mandaron/ tres peras nun ramalliño,/ deseaba de saber/ quen foi o do regaliño[13].
  • De Portugal de mandaron/ tres peras nun ramalliño;/ quen me dera a min saber/ quen me ten tanto cariño[14].
  • Déchesme unha pera parda/ e unha mazá xoaneira;/ déchesme unha pera parda,/ Dios cho pague, churrusqueira[15].
  • Déixanos pasar que vamos/ Eu e mais miña cuñada,/ Abalar unha pereira/ Que nunca foi abalada[16].
  • Esta noite e maila outra/ e maila outra pasada/ abalei unha pereira/ que nunca fora abalada[17].
  • Esta noite e maila outra/ e mais a que xa pasou,/ miña pereiriña nova/ quen vola rama cortou?[18].
  • Fun á fonte beber auga/ debaixo dunha pereira/ solo por che ver os ollos/ que a sede moita non era[19].
  • Fun ós figos á pereira,/ no’atopei senón cireixas,/ veu o dono das mazás:/ Deixa queda-las ameixas[20].
  • Hei de faguer unha ponte/ de peras e de fatós/ pra pasearen os mozos/ de Gaiás para Facós[21].
  • Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Facós cara Gaiás[22].
  • Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Lubeira a Rubiás[23].
  • Heiche de dar un abalo/ pereiriña de don Guindo,/ heiche de dar un abalo/ que te hei de deixar durmindo[24].
  • Máis quixera ser pereira/ e dar peras no outono/ que non ser muller de xastre/ morriña e cara de sono[25].
  • Montañesa, vén conmigo/ que nos imos prá ribeira/ onde se colleitan uvas,/ melocotós e mais peras[26].
  • Moza que vénde-las peras,/ cantas che mandaron dar?/ Para ti, meu queridiño,/ non mas mandaron contar[27].
  • Mozo que me dás a pera/ dame tamén a navalla,/ que non podo comer pera/ que non fora debullada[28].
  • Periñas me dan ao almorzo,/ ao xantar peras me dan,/ á merenda danme peras,/ ao cear peras sen pan[29].
  • Un día, faranduleiro,/ chamáchesme pera urraca;/ esta pera sabrosiña/ túa boca non a atrapa[30].
  • Unha pera, dúas peras,/ non tiña máis a pereira;/ púxenllas ó meu Francisco/ nun plato de Talavera [31].
  • Unha pera, dúas peras,/ tres peras nun ramalliño;/ unha é miña e outra é túa/ i outra do meu amorciño[32].

Notas editar

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  2. Eladio Rodríguez González, s. v. moza.
  3. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  4. Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
  5. Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. rabo.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. neno.
  9. 9,0 9,1 Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  10. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 62. No orixinal: .
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 66.
  13. 13,0 13,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 68.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 69.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 67.
  16. Real Academia Galega 1913, s. v. abalar.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 77.
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 228. No orixinal: e máis. Recollida en Muros.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández, 85. No orixinal: de unha.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 86. No orixinal: no-atopei, quedalas.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 88. Gaiás é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, e Facós da parroquia de San Vicente de Lobeira, ambas do mesmo concello de Lobeira. Xaquín Lorenzo engade que entre estas dúas aldeas só hai un regato que non precisa ponte para cruzalo.
  22. Xaquín Lorenzo Fernández, 88.
  23. Xaquín Lorenzo Fernández, 88. Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, no concello de Bande. Xaquín Lorenzo engade que non hai río nin regato entre as dúas localidades.
  24. Xaquín Lorenzo Fernández, 87.
  25. Xaquín Lorenzo Fernández, 92.
  26. Xaquín Lorenzo Fernández, 104. No orixinal: ven, e máis.
  27. Xaquín Lorenzo Fernández, 105. No orixinal: vendelas, tí.
  28. Xaquín Lorenzo Fernández, 106.
  29. Xaquín Lorenzo Fernández, 260.
  30. Xaquín Lorenzo Fernández, 158. No orixinal: dia, tua, nona.
  31. Xaquín Lorenzo Fernández, 159. No orixinal: duas.
  32. Xaquín Lorenzo Fernández, 159. No orixinal: duas, tua.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar