A night at the Opera (álbum)
A night at the Opera é o noveno álbum oficial do grupo alemán Blind Guardian. Foi editado e publicado no 2002. Foi producido por Charlie Bauerfeind, e gravouse no estudo de gravación Twilight Hall Studios, en Grefrath.
A Night at the Opera | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Blind Guardian | ||||
Publicado | 2002 | |||
Gravación | outubro do 2000-decembro do 2001 | |||
Estudio(s) | Twilight Hall Studios, Grefrath e Hammer Music Studios, Hamburgo | |||
Duración | 65:29 | |||
Xénero(s) | power metal, metal progresivo | |||
Selo(s) | Virgin/Century Media | |||
Produtor | Charlie Bauerfeind | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Características
editarNeste álbum o grupo engadiu instrumentación, coros e arranxos máis complexos nos temas. A crítica e os fans recibiron cunha certa dose de escepticismo o novo traballo. Destacan temas como "And then there was Silence", de máis de 14 minutos de duración e baseada na guerra de Troia, ou "Battlefield".
A temática do álbum variou un pouco en relación ós traballos anteriores. Segue a haber cancións inspiradas na fantasía medieval como "The Soulforged", mais tamén aparecen desta vez varios temas inspirados na tradición cristiá como "Precious Jerusalem", "Sadly Sings Destiny" ou "Age of False Innocence".
Conta con colaboracións de The Choir Company, Oliver Holzwarth, Mathias Wiesner e Michael Schüren.
Lista de temas
editar- "Precious Jerusalem" (6:21)
- "Battlefield" (5:37)
- "Under the Ice" (5:44)
- "Sadly Sings Destiny" (6:04)
- "The Maiden and the Minstrel Knight" (5:30)
- "Wait for an Answer" (6:30)
- "The Soulforged" (5:18)
- "Age of False Innocence" (6:05)
- "Punishment Divine" (5:45)
- "And then there was Silence" (14:05)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio Web Oficial de Blind Guardian
- Os discos de Blind Guardian Arquivado 06 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.