A morte de Sócrates

pintura de Jacques-Louis David

A morte de Sócrates (en francés: La Mort de Socrate) é unha pintura de 1787 realizada polo francés Jacques-Louis David. O cadro céntrase nun tema clásico como moitas das súas obras desa década, neste caso a historia da execución de Sócrates segundo a contou Platón en Fedón.[1][2]

A morte de Sócrates
ArtistaJacques-Louis David
Data1787
TécnicaÓleo sobre tea
MovementoNeoclasicismo
Dimensións129,5 cm × 196,2 cm
LocalizaciónMetropolitan Museum of Art (Nova York)

Foi unha encarga dos irmáns Trudaine[3] e exponse no Metropolitan Museum of Art de Nova York.

Descrición editar

A obra representa a escena da morte do filósofo grego Sócrates, condenado a morrer bebendo cicuta por expresar as súas ideas en contra da crenza nos deuses ancestrais e corromper os mozos atenenses.

Critón é o discípulo que pon a súa man na coxa do mestre, como tentando facelo desistir da súa decisión. Na parte esquerda, sentado e abatido, atópase Platón, que, segundo el mesmo escribiu en Fedón, en realidade non estaba presente ese día por estar enfermo. O carcereiro téndelle a copa de cicuta cun xesto de non querer facelo, sen poder sequera miralo. Domina a escena o propio Sócrates, alzándose de xeito decidido, resolto a tomar o veleno tras pronunciar o seu discurso sobre a inmortalidade da alma.

Notas editar

  1. De Nanteuil, Jacques-Louis David,64.
  2. Lajer-Burcharth, Necklines,57.
  3. Vidal, "David among the Moderns", 598.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bordes, Philippe. “David: Paris and Versailles.” The Burlington Magazine' 132, no. 1043 (Feb. 1990): 154–156.
  • De Caso, Jacques. “Jacques-Louis David and the Style 'All' antica'.” The Burlington Magazine 114, no. 835(Oct.1972):686-690.
  • De Nanteuil, Luc. Jacques-Louis David. Nova York: Harry N. Abrams, Inc., 1990.
  • Lajer-Burcharth, Ewa. Necklines: The Art of Jacques-Louis David after the Terror. New Haven: Yale, 1999.
  • Maleuvre, Didier. “David Painting Death.” Diacritics' 30, no. 3 (Fall 200): 1–27.
  • Plato, Eva T. H. Brann, Peter Kalkavage, Eric Salem . Phaedo. Focus Publishing/R. Pullins: Bloomington,1998.
  • Vidal, Mary. “David among the Moderns: Art, Science, and the Lavoisiers.” Journal of the History of Ideas56, no. 4 (Oct. 1995):595–623.

Ligazóns externas editar