A faloteca islandesa

Sigurður Hjartarson, fundador da faloteca.

A faloteca islandesa atópase en Húsavík, ao norte de Islandia. Caracterízase por posuír a máis extensa colección de pene de diferentes especies e tamaños.

Historia e característicasEditar

Sigurður Hjartarson, que fora profesor de Historia nun instituto de Reiquiavik, foi o fundador da faloteca en 1974, e hoxe é o director do museo.

En xullo do 2006 o museo tiña uns 245 exemplares expostos, tanto como trofeos de caza, embalsamados, en formol ou desecados. O obxectivo do museo é ter os penes de todas as especies de mamíferos en Islandia[1], mesmo os de diferentes especies que se atopan en perigo de extinción no devandito país.

En 2011 o museo obtivo o primeiro exemplar de pene de Homo sapiens.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Tamén exhibe algúns exemplares de penes de mamíferos que non viven en Islandia.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar