A Minor Forest
A Minor Forest foi unha banda de math rock estadounidense dos anos 90 procedente de San Francisco. Musicalmente estaban relacionados con grupos da escena post-rock de Louisville como Slint, e tiñan conexións persoais coa escena de San Diego, sobre todo coa banda Three Mile Pilot. As súas cancións tiñan influencias do pop, do rock progresivo e do punk rock e caracterizábanse polos seus cambios de tempo, cambios repentinos na súa dinámica, silencios, berros inintelixibles, partes pegadizas, repetitivas pasaxes melódicas e títulos absurdos a xeito de broma. O seu slogan foi "A Minor Forest apoia a destrución da humanidade".
A Minor Forest | |
---|---|
Orixe | San Francisco, California, |
Período | 1992 - 1998 |
Xénero(s) | math rock |
Selo(s) discográfico(s) | Thrill Jockey, My Pal God |
Membros | Erik Hoversten Andee Connors John Trevor Benson Dominique Davison |
Na rede | |
Discografía editar
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Flemish Altruism (Constituent Parts 1993-1996) | 1996 | Thrill Jockey |
Inindependence | 1998 | Thrill Jockey |
...So, Were They in Some Sort of Fight? | 1999 | My Pal God |