A Herbosa, Boebre, Pontedeume
lugar da parroquia de Boebre, no concello de Pontedeume
A Herbosa é un lugar da parroquia de Boebre no concello coruñés de Pontedeume na comarca do Eume. Tiña 40 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 19 eran homes e 21 eran mulleres.
A Herbosa | |
---|---|
Costa da Herbosa | |
Parroquia | Boebre |
Concello | Pontedeume |
Coordenadas | 43°22′50″N 8°12′54″O / 43.380512053668, -8.2151076174866 |
Poboación | 44 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar áchase a praia de Andaío, duns 250 metros de lonxitude. No seu extremo norte hai un porto deportivo. Ao sur, separada por unhas rochas, está a praia de San Pedro, xa no concello de Miño. As dúas praias son en realidade unha soa, coñecida popularmente como a praia de Perbes.
Lugares e parroquias
editarLugares de Boebre
editarLugares da parroquia de Boebre no concello coruñés de Pontedeume | |
---|---|
Belo | Curío | A Herbosa | Parga | O Pilleiro | O Sisto | Ver | O Xabroal |