A Caridá, El Franco

A Caridá[1] é unha parroquia do concello asturiano de El Franco. Nos seus 4,94 km²[2] habitaban en 2021 un total de 1830 persoas[3] distribuídas entre a vila da Caridá, capital do concello, e os lugares de Arboces, Llóngara e El Porto .

Modelo:Xeografía políticaA Caridá, El Franco
Imaxe

Localización
Mapa
 43°33′06″N 6°49′45″O / 43.5517, -6.82923Coordenadas: 43°33′06″N 6°49′45″O / 43.5517, -6.82923
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloEl Franco Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.825 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Altitude60 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Miudes (en) Traducir
Valdepares (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Código INE33023030000 Editar o valor em Wikidata

En 1852 a capitalidade do concello de El Franco pasou da parroquia de Valdepares á vila da Caridá, entón coñecida como San Miguel de Mohíces, e entre os monumentos desta salienta a antiga casa do concello, con escudo no que figura unha lenda en lembranza da independencia de Castropol no século XVI. A igrexa parroquial data do século XVIII.

El Porto

O lugar de El Porto contou cunha importante carpintería de ribeira que dende finais do século XIX e ata as primeiras décadas do XX, so a propiedade da familia Ron, exportou veleiros por boa parte da costa cantábrica. Hoxe o seu porto acolle unha pequena frota de baixura que sobre todo se dedica á captura de polbo.

Notas editar

  1. Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 39. 
  2. Diccionario Geográfico de Asturias. Oviedo: Editorial Prensa Asturiana, S.A. 2000. 
  3. "INEbase. Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional". INE. 
Asturias | Parroquias de El Franco

Arancedo | A Braña | A Caridá | Llebredo | Miúdes | Moíces | Prendonés| Valdepares | Villalmarzo