A Beautiful Mind
A Beautiful Mind é un filme estadounidense dirixido por Ron Howard que se estreou no 2001.
A Beautiful Mind | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Beautiful Mind |
Director | Ron Howard |
Produtor | Ron Howard Brian Grazer |
Guión | Akiva Goldsman |
Baseado en | A Beautiful Mind de Sylvia Nasar |
Intérpretes | Russell Crowe Ed Harris Jennifer Connelly Paul Bettany Christopher Plummer Josh Lucas Judd Hirsch |
Música | James Horner |
Fotografía | Roger Deakins |
Montaxe | Daniel P. Hanley Mike Hill |
Estudio | Imagine Entertainment |
Distribuidora | Universal Studios (USA) DreamWorks (non USA) |
Estrea | 2001 |
Duración | 135 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $58 000 000[1] |
Recadación | $313 542 341 |
Na rede | |
http://abeautifulmind.com | |
Sinopse
editarObsesionado coa busca dunha idea matemática verdadeiramente orixinal, o brillante estudante John Forbes Nash (Russell Crowe) chega a Princeton en 1947 para realizar os seus estudos de posgraduado. Alí é un estraño, un solitario, só comprendido polo seu compañeiro de cuarto (Paul Bettany), ata que a Nash se lle ocorre unha revolucionaria teoría. Con ela consegue un posto no cobizado MIT, onde coñece a alumna Alicia Lardé (Jennifer Connelly), que lle descobre que as leis das matemáticas non son nada comparadas coas leis do amor. Por outro lado, a súa prodixiosa habilidade para descifrar códigos fai que sexa requirido por Parcher William (Ed Harris), do departamento de Defensa, para axudar os EE.UU na súa guerra fría contra os soviéticos.
Personaxes
editar- Russell Crowe como John Forbes Nash, Jr.
- Ed Harris como William Parcher
- Jennifer Connelly como Alicia Nash
- Paul Bettany como Charles Herman
- Josh Lucas como Martin Hansen
- Adam Goldberg como Sol
- Anthony Rapp como Bender
- Vivien Cardone como Marcee
- Christopher Plummer como Doutor Rosen
- Judd Hirsch como Helinger
- Jason Gray-Stanford como Ainsley Neilson
Galardóns e nomeamentos
editar- 2001: 4 Oscars: Mellor filme, director, actriz secundaria (Jennifer Connelly) e guión adaptado.
- 2001: 4 Globos de Ouro: Mellor filme drama, actor, actriz secundaria e guión. 6 nomeamentos.
- 2001: 2 premios BAFTA: Mellor actor (Russell Crowe), actriz (Jennifer Connelly). 5 nomeamentos.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)