A BEST é a primeira compilación de grandes éxitos da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 28 de marzo do ano 2001 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

A BEST
Recompliación de Ayumi Hamasaki
Gravación1998 - 2000
Lanzamento28 de marzo de 2001
Duración76 min 01 s
Xénero(s)J-Pop
Selo(s)avex trax
Producido porMax Matsuura
Cronoloxía
Ayu-mi-x III Acoustic Orchestra Version A BEST Super Eurobeat presents Ayu-ro mix 2

Información editar

A promoción para a primeira compilación de éxitos de Ayumi Hamasaki (tras só 4 anos dende o seu debut) foi explosiva, e algúns medios especularon que avex trax gastou millóns de yens en aparicións en televisión, revistas, comerciais e demais. O álbum consta de 6 portadas distintas, presente nunha caixa de cartón, en xeral para tódalas copias.

Os comerciais para o álbum fóronse facendo cada vez máis explosivos, comezando cinco días antes do lanzamento, e cada día o comercial ía cambiando, mentres que o esperado día chegaba. Os comerciais están rexistrados dentro das compilacións de Hamasaki "A clips vol. 2", así como na compilación de tres DVDs con case todo o material visual da artista "COMPLETE CLIP BOX".

As tres primeiras cancións, imaxes do comezo da súa carreira, foron regravadas pola artista. A voz comparada coas versións orixinais é moi distinta, principalmente en que o ton de voz de Ayumi fíxose máis groso co tempo. Outras cancións tamén foron arranxadas nas súas melodías, pero os rexistros de voz son os mesmos das versións orixinais, porén estas versións rearranxadas non están marcadas como tales no álbum (as cancións son "Boys & Girls" e "Seasons")

Controversia editar

Ayumi pensaba retirarse do mundo da música se o lanzamento deste álbum se convertía un fracaso, á parte de que non quería lanzar esta compilación xa que consideraba que estaba comenzando a súa carreira, e o lanzamento dun CD de grandes éxitos era para artistas xa consolidados. Por esa razón é pola que se ve a Ayumi Hamasaki chorando na portada do álbum, e pola que o símbolo principal é unha bágoa. Pero despois do éxito masivo do álbum, que logrou vender máis de catro millóns de copias (ata o momento o álbum con mellores vendas da cantante) decidiu seguir coa súa carreira, así como tamén asumiu que era un dos soportes principais do seu selo.

O álbum lanzouse o mesmo día que o segundo álbum de estudio da coñecida rival de Ayumi, Hikaru Utada, o que causou grande expectación sobre quen sería a gañadora do primeiro lugar. O álbum finalmente quedou no segundo lugar trala competición con Utada dentro da primeira semana nas listas semanais e, na seguinte, Hamasaki fíxose co primeiro lugar.

Lista de temas editar

Versión xaponesa editar

# Título
1. "A Song for XX" ~new vocal and mix~
2. "Trust" ~new vocal and mix~
3. "Depend on You" ~new vocal & mix~
4. "Love ~Destiny~"
5. "To Be"
6. "Boys & Girls"
7. "Trauma"
8. "End roll"~new vocal and mix~
9. "Appears"
10. "Fly High"
11. "Vogue"
12. "Far Away"
13. "Seasons"
14. "Surreal"
15. "M"
16. "Who..."

Versión internacional editar

Lanzada posteriormente en Singapur, Filipinas e Corea. As cancións son todas as versións orixinais.

# Título
1. "A Song for XX"
2. "Trust"
3. "Depend on You"
4. "Love ~Destiny~"
5. "To Be"
6. "Boys & Girls"
7. "Trauma"
8. "End roll"
9. "Appears"
10. "Fly High"
11. "Vogue"
12. "Far Away"
13. "Seasons"
14. "Surreal"
15. "M"
16. "Who..."

Posición nas listas editar

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
28 de marzo de 2001 Oricon Daily Singles Chart #2
28 de marzo de 2001 Oricon Weekly Singles Chart #2 2,870,000 4,295,353 52
28 de marzo de 2001 Oricon Yearly Albums Chart #2
  • Vendas totais: 4,295,353 (Xapón)
  • Vendas totais: 6,750,000 (Asia)

Sinxelos incluídos editar

Lanzamento Título Máxima posición Semanas Vendas totais
5 de agosto de 1998 "Trust" #9 10 181,820
9 de decembro de 1998 "Depend on you" #6 8 131,460
14 de abril de 1999 "Love ~Destiny~" #1 26 650,790
12 de maio de 1999 "To Be" #4 15 571,110
17 de xullo de 1999 "Boys & Girls" #1 16 1,037,950
11 de agosto de 1999 "A" #1 17 1,670,000
10 de novembro de 1999 "appears" #2 3 290,550
9 de febreiro de 2000 "Fly High" #3 4 299,540
26 de abril de 2000 "Vogue" #3 17 767,660
17 de maio de 2000 "Far away" #2 13 510,460
7 de xuño de 2000 "Seasons" #1 20 1,367,400
27 de setembro de 2000 "Surreal" #1 10 417,210
13 de decembro de 2000 "M" #1 17 1,319,070

Vendas acumuladas dos sinxelos: 9,215,020