Abrir o menú principal

A árbore do aforcado

filme de 1959 dirixido por Karl Malden e Delmer Daves

A árbore do aforcado (en inglés: The Hanging Tree) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Delmer Daves. Karl Malden asumiu as funcións de director durante varios días cando Daves caeu enfermo. Está protagonizado por Gary Cooper, Maria Schell, George C. Scott e Malden e está ambientado nos campos de Montana durante a febre do ouro das décadas de 1860 e 1870.

A árbore do aforcado
Ficha técnica
Título orixinalThe Hanging Tree
DirectorDelmer Daves
ProdutorMartin Jurow
Richard Shepherd
GuiónWendell Mayes
Halsted Welles
Baseado enThe Hanging Tree de Dorothy M. Johnson
IntérpretesGary Cooper
Maria Schell
Karl Malden
MúsicaJerry Livingston
Max Steiner
FotografíaTed D. McCord
MontaxeOwen Marks
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaFlag of the United States.svg 11 de febreiro de 1959
Galicia 30 de agosto de 2002 (TVG)
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroWestern
Recadación$2 200 000 (estimado USA/Canadá)[1]

Estreouse en galego o 30 de agosto de 2002 a través da TVG.[2]

ArgumentoEditar

En 1873, o médico pistoleiro e xogador Joseph Frail chega a un campo de minería en Montana durante a febre do ouro tentando fuxir de eventos do pasado que prefire manter ocultos. O seu xeito de ser rudo e reservado causa envexa no tolo e alcohólico pregador Grubb e no oportunista Frenchy mais non lle impide que tente axudar as persoas, como algúns dos seus pacientes, o mozo ladrón Rune e a inmigrante suíza Elizabeth.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. "1959: Probable Domestic Take", Variety, 6 January 1960 p 34
  2. "Programación da TVG". ABC. 30 de agosto de 2002. Consultado o 1 de marzo de 2018. 

Véxase taménEditar