Secuencia repetida de ADN

(Redirección desde «ADN repetitivo»)

As secuencias repetidas, tamén chamadas elementos repetitivos, repeticións ou ADN repetitivo, son patróns de secuencia que aparecen no ADN (ou tamén no ARN) repetidos en moitas copias ao longo do xenoma.

Tipos de secuencias repetidas en eucariotas editar

Hai tres tipos principais de secuencias repetidas no ADN:

  • Repeticións terminais. Secuencias repetidas centos ou miles de veces nos extremos de retrotransposóns ou de ADN de orixe retroviral integrado no xenoma.
  • Repeticións en tándem: As copias da secuencia están adxacentes unhas das outras, agrupadas en tándem de forma directa ou invertida. Poden ser:
  • Repeticións intercaladas (ou elementos nucleares intercalados). Dispersos polo cromosoma e non agrupados, pero pode haber centos de miles de copias deles.
    • Elementos transpoñibles (ou transposóns, ou retroelementos). Poden copiarse e inserirse noutro lugar do xenoma. Algúns teñen que transcribirse primeiro a ARN e despois de novo a ADN e xa se poden integrar, e denomínanse retrotransposóns, como os SINE e LINE, pero outros cópianse a ADN por medio dunha transposase e xa se poden integrar.
    • SINEs (Short Interspersed Nuclear Elements, Elementos Nucleares Intercalados Curtos). Son retrotransposóns non autónomos, que non se poden replicar por si mesmos, pero si se está presente unha transcriptase inversa. Nos primates a maioría son as secuencias Alu.
    • LINEs (Long Interspersed Nuclear Elements, Elementos Nucleares Intercalados Longos). Son retrotransposóns sen LTR, que se poden replicar autonomamente e inserirse no xenoma, xa que codifican a súa propia transcriptase inversa e endonuclease. Nos primates a maioría son as secuencias LINE-1.

Secuencias repetidas en procariotas editar

Nos procariotas os CRISPR son conxuntos de repeticións alternativas e espazadores. CRISPR significa Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats (Repeticións Palindrómicas Curtas Intercaladas Regularmente Agrupadas) e son loci de ADN que conteñen repeticións curtas de secuencias de bases. Cada unha das repeticións vai seguida de curtos segmentos espazadores, os cales se orixinaron debido a infeccións anteriores por virus bacteriófagos.

Outra clasificación das repeticións editar

As secuencias repetidas poden clasificarse nos seguintes tipos:[1]

  • Repetición directa
    • Repetición directa global
    • Repetición directa simple local
    • Repetición directa local
    • Repetición directa local con espazador
  • Repetición invertida. Cada repetición vai seguida augas abaixo por outra igual pero invertida (o complemento inverso).
    • Repetición invertida global
    • Repetición invetida local
    • Repetición invertida con espazador
    • Repetición palindrómica
  • Repeticións espello e evertidas

Notas editar

  1. Ussery, David W.; Wassenaar, Trudy; Borini, Stefano (2008-12-22). "Word Frequencies, Repeats, and Repeat-related Structures in Bacterial Genomes". Computing for Comparative Microbial Genomics: Bioinformatics for Microbiologists. Computational Biology 8 (1 ed.). Springer. pp. 133–144. ISBN 978-1-84800-254-8.  Google books

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar