ACT UP
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
ACT UP é o acrónimo de AIDS Coalition to Unleash Power, un grupo de individuos diverso e non "partisanos" enderezados cara a accións directas que rematen coa crise da SIDA.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/A_pink_triangle_against_a_black_backdrop_with_the_words_%27Silence%3DDeath%27_representing_an_advertisement_for_The_Silence_%3D_Death_Project_used_by_permission_by_ACT-UP%2C_The_AIDS_Coalition_To_Unleash_Power._Wellcome_L0052822.jpg/220px-thumbnail.jpg)
Historia
editarACT UP formouse de facto o 10 de marzo de 1987 nos centro de servizos para a comunidade de gais e lesbianas de Nova York. Daquela, pedíraselle a Larry Kramer que participase nunha serie de roldas e a súa intervención, moi ben acollida, centrouse nas accións para previr a SIDA. Kramer criticou o colectivo GMHC (Gay Men's Health Crisis, "crise sanitaria dos gais"), que percibía coma politicamente inútil. El mesmo fundara a GMHC e acababa de dimitir do seu cadro de dirección. Segundo Douglas Crimp, Kramer propuxo unha pregunta ó auditorio: "Deberíamos comezar unha nova organización encamiñada á acción política?": a resposta foi unha afirmación clamorosa. Aproximadamente trescentas persoas xuntáronse dous días despois para formar ACT UP.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|