Adam Carter (A-Plus), nado en Denver (Colorado) o 10 de maio de 1974, é un rapeiro e produtor estadounidense. É un dos catro membros do grupo Souls of Mischief e, polo tanto, tamén parte do colectivo Hieroglyphics.

A-Plus
Nome completoAdam Carter
Data nacemento10 de maio de 1974 (49 anos)
Nado enDenver
OcupaciónRapeiro
XéneroRap
Selo(s) discográfico(s)Hieroglyphics Imperium Recordings
Relacionado conSouls of Mischief
Hieroglyphics
Tempo en activo1991 - Presente
PseudónimoA-Plus
Na rede
Musicbrainz: f52456a6-3c44-45ff-b953-a7cb4c14829b Songkick: 249415 Discogs: 66691 Allmusic: mn0002441136 Genius: A-plus Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Naceu no seo dunha familia de inmigrantes xamaicanos. Aos 5 anos múdase coa familia a Oakland (California), onde coñeceu nun futuro ao resto dos membros do seu grupo.

En 2005, A-Plus lanza un álbum de remixes titulado Pleemix, Vol. 1, mediante a discográfica Hieroglyphics Imperium Recordings.

O día 1 de maio de 2007 edita o seu primeiro disco en solitario titulado My Last Good Deed, tamén mediante Hieroglyphics Imperium Recordings. O primeiro single do seu debut en solitario titúlase "Patna Please".

Discografía editar

En solitario editar

  • Pleemix, Vol. 1 (2005) [Álbum de remixes]
  • My Last Good Deed (2007)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar