8 Eyes (エイト・アイズ Eito Aizu?) é un videoxogo de acción e plataformas desenvolvido por Thinking Rabbit para Nintendo Entertainment System. O xogo contén oito niveis, e pode ser xogado por un ou dous xogadores. Tamén contén unha gran e variada banda sonora, composta por Kenzou Kumei, con repertorio operístico con tres pezas para cada un dos oito niveis, situando a acción nunha parte diferente do mundo. Ten unha xogabilidade e gráficos semellantes a Castlevania.

8 Eyes
Desenvolvedor(es)Thinking Rabbit
Distribuidora(s)Xapón: SETA
NA: Taxan
Director(es)Tōru Ishikawa
Deseñador(es)Hideki Shimura
Compositor(es)Kenzou Kumei
Lanzamento1988
XéneroAcción e plataformas
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Plataforma(s)NES
editar datos en Wikidata ]

ArgumentoEditar

8 Eyes está ambientado nun futuro post-apocalíptico, nun país en caos pola guerra nuclear. A civilización está a ser reconstruída polo Gran Rei, que ten o poder das oito xemas. As xoias, coñecidas como os 8 Ollos, que se formaron no centro de oito explosións nucleares, están destinadas a destruír a Terra. Os 8 Ollos teñen un poder misterioso que, en malas mans, poden provocar a fin do mundo. Os oito duques do Gran Rei queren roubar as xoias e involucrar a Terra nunha guerra de novo.

O xogador controla a Orin o Falconeiro e o seu falcón Cutrus. A súa misión é penetrar nos oito castelos dos Duques e recuperar os 8 ollos. Coa axuda de Cutrus, debe loitar contra os soldados dos Duques, mutantes da guerra nuclear e o duque de cada castelo para recuperar as xoias.