7-Zip

programa para a compresión de datos

7-Zip é un programa libre para a compresión de datos para sistemas Microsoft Windows ou Linux (empregando a ferramenta Wine se se quere contar coa mesma interface gráfica). Pode usarse unha interface gráfica de usuario ou desde liña de comandos.

7-Zip
Desenvolvedor(es)Igor Pavlov
Última versión19.00
(21 de febreiro de 2019)
Repositoriosourceforge.net/projects/sevenzip/files/7-Zip/
Sistema operativoMultiplataforma
Lingua/sVarias
Galego: Si
TipoCompresor de arquivos
LicenzaLGPL e BSD para o código AES
Sitio webwww.7-zip.org

Por defecto o programa emprega o novo formato de arquivo 7z, tamén libre, (con extensión .7z). Este formato usa os métodos de compresión LZMA e PPMD (máis axeitado para textos), desenvolvidos polo seu autor, e pode aplicar un filtro aos executables para aumentar a súa compresibilidade. Os arquivos 7z poden ser sólidos, a diferenza dos zip, o que mellora a compresión de conxuntos de arquivos pequenos.

Existe unha versión portátil de 7-Zip que pode ser transportada e usada desde unha memoria USB sen necesidade de instalar nunha computadora[1].

Características editar

Notas editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.