3rd Secret é un supergrupo estadounidense de rock alternativo formado no ano 2022. A banda conta con membros dos grupos de grunge Soundgarden, Nirvana e Pearl Jam.[1]

3rd Secret
OrixeSeattle, Washington,
Período2022 - presente
Xénero(s)rock alternativo, folk rock, grunge
MembrosMatt Cameron
Jon "Bubba" Dupree
Jennifer Johnson
Krist Novoselic
Jillian Raye
Kim Thayil
Na rede
3rdsecret.com
Musicbrainz: 257f77a9-d394-48c3-ba87-05bce2d60199 Editar o valor em Wikidata

A banda está formada polo guitarrista e acordeonista Krist Novoselic de Nirvana, o batería Matt Cameron de Pearl Jam e Soundgarden, os guitarristas Kim Thayil de Soundgarden e Jon "Bubba" Dupree de Void, e as vocalistas Jillian Raye e Jennifer Johnson. Novoselic, Johnson, e Raye tocaron xuntos na banda Giants in the Trees, mentres que Cameron e Dupree tocaron en Hater.[2]

Historia editar

O 11 de abril de 2022 a banda publicou o seu álbum de estrea autotitulado e o sinxelo "I Choose Me", a primeira música na que os compañeiros de Soundgarden Kim Thayil e Matt Cameron traballaran xuntos dende a morte de Chris Cornell en 2017.[1] O álbum foi gravado polo colaborador habitual de Nirvana e Soundgarden Jack Endino.[2] A creación do disco mantívose en segredo e o traballo foi lanzado como unha sorpresa, aínda que antes do lanzamento a banda realizou un concerto no Museum of Pop Culture en Seattle, e en febreiro de 2022 Novoselic chiou que estaba traballando nalgo novo.[3]

Respecto ao proceso de gravación do disco e á cantidade de cancións que decidiron gravar, a banda escribiu na súa web, "Naquel momento, houbo unha idea de tres álbums separados de individuos para incluír varias contribucións dos músicos anteriores. Todo parecía posible e as actitudes eran positivas. A finais de 2021, sentindo que pasara demasiado tempo, ou simplemente sentíndose impacientes, Krist e Jillian propuxeron 3rd Secret, combinando material gravado en Seattle e na granxa. E así chegamos a este disco con Jillian e Krist na portada".[4]

O 22 de xuño de 2023 a banda publicou o seu segundo álbum de estudio, titulado The 2nd 3rd Secret.[5]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
3rd Secret 2022 autoeditado
The 2nd 3rd Secret 2023 autoeditado

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Nirvana’s Krist Novoselic, Soundgarden’s Matt Cameron and Kim Thayil Form 3rd Secret and Release New Album". Pitchfork (en inglés). 2022-04-12. Consultado o 2022-08-01. 
  2. 2,0 2,1 Robinson, Ellie (2022-04-12). "Members of Nirvana, Pearl Jam and Soundgarden form new band 3rd Secret, drop surprise album". NME (en inglés). Consultado o 2022-08-01. 
  3. Dailey, Hannah (2022-04-12). "Grunge Supergroup Surprise! Members of Nirvana, Pearl Jam, Soundgarden Drop Secret Album". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-11-03. 
  4. "3rd Secret". 3rdsecret.com. Consultado o 2023-11-03. 
  5. "2nd 3rd Secret". 2023-06-22. Consultado o 2023-11-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar