Abrir o menú principal

Febreiro é un mes con 28 ou 29 días, malia iso, por tres veces na historia, houbo períodos en que existiu a data 30 de febreiro.

Ese día, por non "existir" (da forma común) é tamén chamado "día de San Nunca" [1], un "santo" evidentemente fictício representando que ese día "non vai chegar".

Índice

O caso de SueciaEditar

 
Almanaque sueco de 1712, coa indicación do 30 de febreiro

O calendario gregoriano, implantado en 1582, non foi decontado seguido por todos os países. En novembro de 1699, cando a Suecia (en cuxo reino se incluía na época a Finlandia) planeou cambiar do calendario xuliano para o gregoriano, había unha diferenza de 11 días entre eles. O planificado foi omitir o día extra dos anos bisestos desde 1700 ata 1740 [2]. Así o cambio sería gradual, pero non foi seguido despois do seu primeiro ano de implantación. Desta forma, 1700 non foi bisesto en Suecia, pero 1704 e 1708 si, en contra o plan. Con isto, o calendario sueco quedou un día por diante do calendario xuliano, e ademais dez por detrás do gregoriano. Así, en 1711 os suecos decidiron abandonar o sistema, xa que o calendario por eles adoptado non tiña correspondencia en ningún outro país, creando unha enorme confusión. Polo tanto 1712 foi bisesto e aínda incluíu un día de máis, o 30 de febreiro, para volver en sincronía co calendario xuliano. O cambio sueco para o calendario gregoriano foi finalmente realizado en 1753, coa exclusión de 11 días, onde o 17 de febreiro daquel ano foi seguido polo primeiro de marzo.

O caso da Unión SoviéticaEditar

En 1929, a Unión Soviética introduciu un calendario revolucionario no que todos os meses tiñan 30 días e os outros 5 ou 6 días eran festivos non pertencentes a meses. En 1930 e 1931, houbo un 30 de febreiro, pero en 1932 os meses volveron ao sistema tradicional.

Especulacións sobre o calendario xulianoEditar

En 1235, Sacrobosco publicou no libro De Anni Ratione a especulación de que o emperador César Augusto retirou un día do mes de febreiro e que o puxera en agosto, así nomeado na súa homenaxe, para non quedar atrás dos 31 días que o mes de xullo posuía en homenaxe a Xulio César. A creación do mes polo emperador e o seu número de días son correctos. Na especulación, Sacrobosco aínda di que naquela época o mes de febreiro tiña 29 días e por tanto os anos bisestos entre 45 aC (ano da implantación do calendario xuliano) e 8 dC (ano do troco de nome do mes Sextilis para agosto por César Augusto) tiñan o día 30 de febreiro no seu calendario.

Calendarios artificiaisEditar

Os calendarios artificiais poden ter 30 días en febreiro. Por exemplo, nun modelo climático as estatísticas poden ser simplificadas con 12 meses de 30 días. O modelo de circulación xeral do Hadley Centre [3] é un exemplo.

NotasEditar

  1. Fevereiro, site www2.portoalegre.rs.gov.br, da prefeitura de Porto Alegre
  2. dependendo do tipo de fonte utilizada a regra é outra: entre 1700 e 1711 omitiríase 1 día ao ano. Mais só foi seguido en 1700. A corrección en 1712 sería a mesma para volver ao calendario xuliano
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2005. Consultado o 22 de novembro de 2005. 

Véxase taménEditar