20 de abril (canción)
«20 de abril» | |||||
---|---|---|---|---|---|
Canción de Celtas Cortos | |||||
Lanzamento | {{{lanzamento}}} | ||||
Formato | |||||
Gravada | 1991 | ||||
Xénero musical | {{{xénero}}} | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:53 | ||||
Discográfica | Discos Radiactivos Organizados | ||||
Produtor(es) | Juan Ignacio Cuadrado | ||||
Escritor(es) | Jesús Cifuentes, Nacho Martín | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"20 de abril" é unha canción da banda española Celtas Cortos, do seu disco Cuéntame un cuento. Ten unha duración de 3 min 53 seg.
Descrición
editarEscrita a modo de carta do autor a unha vella amiga, rememorando con nostalxia os bos momentos vividos noutrora co seu grupo de amigos da mocidade.[1] A canción fala dunha fin de semana do pasado que transcorreu na Cabaña de El Turmo e que se identificou cun albergue existente na localidade de Benasque (provincia de Huesca).[2] Porén, o autor, Jesús Cifuentes, desvelou que a letra non está baseada nunha historia real. Foi composta namentres que exercía como asistente social na localidade de El Tiemblo.[3]
O título da canción alude á primeira frase da canción, que reproduce o que se supón que é o encabezado da carta: 20 de abril del 90 (1990). Con todo, a canción escribiuse en 1991.[4]
O tema foi número un na lista elaborada pola cadea de radiofórmula Los 40 Principales a semana do 18 de abril de 1992. A repercusión foi tal que o Grupo Municipal de Izquierda Unida no Concello de Valladolid, presentou unha proposta -que non foi adiante- para que o nome da rúa José Antonio Primo de Rivera pasase a chamarse 20 de abril.[5]
25º aniversario
editarO 20 de abril de 2015, coincidindo co 25º aniversario do día desa canción, tivo lugar en España unha onda nostálxica, quer nas redes sociais quer nos medios de comunicación tradicionais, evocando o tema, que chegou a se converter en trending topic.[6] Chegaron mesmo a facerse parodias da letra e eventuais respostas á carta da canción.[7]
Versións
editarO tema foi versionado polos grupos Amaral, Nomadi -en lingua italiana- ou o galego Siniestro Total.[8]
Notas
editar- ↑ "Cuéntame un cuento". Lafonoteca (en castelán). 12 de novembro de 2010. Consultado o 2 de xuño de 2015.
- ↑ "20 de Abril del 90". M80 Radio. 20 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 2 de junio de 2015.
- ↑ "25 años del 20 de abril de Celtas Cortos". Europa Press. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015.
- ↑ "'20 de abril del 90' cumple 25 años". El Mundo. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015.
- ↑ "La canción "20 de abril del 90", un cuarto de siglo de melancolía de Celtas Cortos". eldiario.es. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015.
- ↑ "Celtas Cortos, estrellas por accidente del 20 de abril". Diario Crítico. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015.
- ↑ "La chica de '20 de abril del 90' al final contestó al Cifu y tenemos la carta". GQ. 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015.
- ↑ Elena Santos; Arturo Bracero (20 de abril de 2015). "'20 de abril' cumple 25 años: un homenaje a la canción en emojis". The Huffington Post. Consultado o 2 de xuño de 2015.