2022 EB5
2022 EB5 foi un asteroide que chocou coa Terra en 2022. Foi o quinto obxecto impactador na terra descuberto antes do impacto.[1]
Ás 19:24 UTC do 11 de marzo de 2022, o astrónomo Krisztián Sárneczky descubriu un obxecto brillante movéndose rápido usando o telescopio de 60 cm Schmidt telescope do observatorio Piszkéstető, en Hungría, informando ó Centro de Planetas Menores (MPC), que designou o obxecto como Sar2593 (remataría co nome definitivo de 2022 EB5). Análises posteriores determinaron que caería a 140 km ó sur da illa Jan Mayen ás 21:22:42 UTC, menos de dúas horas despois da súa descuberta. Tería cousa de só 1 m de diámetro, co que non sería problema por queimarse na atmosfera na entrada.
A vixilancia do espazo arredor da Terra para procurar asteroides que poidan impactar e tentar evitar o impacto ou diminuír as súas consecuencias vén mellorando dende 2008, cando se localizou o primeiro asteroide de impacto certo.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarNotas
editar- ↑ "Fifth asteroid ever discovered before impact". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-16.