(386723) 2009 YE7

asteroide
(Redirección desde «2009 YE7»)

(386723) 2009 YE7 é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 4,5.[2] Este feito fai que sexa un feble candidato a planeta anano, e moito máis se se ten en conta que podería ser un membro da familia de Haumea, familia cun gran albedo, debido a refractividade dos seus xeos.[3] Foi descuberta por David Rabinowitz o 17 de decembro do 2009, dende o Observatorio La Silla de Chile. Cando (386723) 2009 YE7 foi descuberto criase que tiña unha magnitude absoluta (H) de 2.8, o cal faría del o primeiro KBO brillante descuberto dende o hemisferio sur.[7]

(386723) 2009 YE7
Descubrimento[1]
Descuberto por David Rabinowitz
Descuberto no 17-12-2009
Designacións do Mpc (386723) 2009 YE7
Categoría no Mpc TNO
Cubewano[2]
Familia de colisión de Haumea?[3]
Características orbitais[2]
Época= 23-07-2010 (AX=2455400,5)
Afelio 50,7 UA (Q)
Perihelio 38,3 UA (q)
Eixo semi-maior 44,5 UA (a)
Excentricidade 0,14
Período orbital 297 ax
Inclinación 29,1°
Anomalía media 177° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 141°
Argumento do perihelio 97,3°
Características físicas
Diámetro 200[4]–560[5] kms[2][6]
Albedo 0,7 asumindo ó albedo de Haumea
0,09 asumindo ó albedo xenérico para os TNOs
Magnitude aparente ~21,7(JPL Horizons)
Magnitude absoluta 4,5[2]

Órbita editar

A súa órbita preliminar suxería que o obxecto chegou ó seu perihelio ó redor de 1864.[2] Actualmente está a 50 UAs respecto do Sol e acadará ó seu afelio no 2012.

Polo momento a órbita é só preliminar xa que só foi observado durante 98 días dende o 13 de decembro do 2009.[2]

Características físicas editar

Magnitude absoluta editar

 
Diferentes albedos dan coma resultado diferentes tamaños

O tamaño dun obxecto pode ser establecido unha vez se coñece a súa magnitude absoluta (H) e o seu albedo (a proporción de luz que reflicte). (386723) 2009 YE7 ten unha magnitude absoluta de 4,5.[2] Dado o feito de que (386723) 2009 YE7 ten unha magnitude absoluta máis feble que H=1, este obxecto non é supervisado por dous comités para asignarlle nome nin automaticamente é catalogado coma planeta anano pola Unión Astronómica Internacional (UAI).[8]

Erro: Cómpre especificar unha imaxe na primeira liña.

Asumindo que (386723) 2009 YE7 ten un albedo de 0.25, albedo moi común entre os KBOs (obxectos clásicos do cinto de Kuiper) que teñen uns tamaños duns ~1000 km, ese albedo outorgaríalle uns 340 km de diámetro.[6] Pero coma na actualidade non se coñece realmente o seu verdadeiro albedo, o seu tamaño podería ir duns 200 kms ata os 560 kms de diámetro.

Mike Brown cre que (386723) 2009 YE7 podería ser un fragmento da familia de colisión de Haumea xa que ten unha inclinación orbital moi semellante á dos membros da familia de Haumea.[3] Nese caso (386723) 2009 YE7 podería ter un albedo que chegase ata o 0.7, dando unha estimación para o seu tamaño moito menor, duns 200 kms. O espectro infravermello amosa que (386723) 2009 YE7 ten unhas marcadas liñas de absorción de xeo de auga, o cal fai que se relacione a (386723) 2009 YE7 coa familia de Haumea.[3]

Un corpo de xeo cun diámetro superior ós 400 kms sería quasi-esférico.[9] Moitas das lúas de xeo do Sistema Solar son esféricas.

Notas editar

  1. IAU Minor Planet Center, ed. (28-12-2009). "List of Transneptunian Objects". Consultado o 28-12-2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "JPL Small-Body Database Browser: (2009 YE7)". 12-09-2010 últimas observacións. Consultado o 13-09-2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Mike Brown (29-12-2009). Mike Brown's Planets (blog), ed. "A ghost of Christmas past". Consultado o 29-12-2009. 
  4. Asumindo un albedo semellante ó de Haumea que é de 0,7
  5. Asumindo o albedo xenérico para os TNOs que é de 0,09
  6. 6,0 6,1 Dan Bruton. Department of Physics & Astronomy (Stephen F. Austin State University), ed. "Conversion of Absolute Magnitude to Diameter for Minor Planets". Arquivado dende o orixinal o 23-07-2011. Consultado o 07-01-2009. 
  7. "JPL Small-Body Database Search Engine (H<=4)". 27-12-2009. Consultado o 27-12-2009. 
  8. Cita de prensa: Plutoid chosen as name for Solar System objects like Pluto Arquivado 13 de xuño de 2008 en Wayback Machine.
  9. Mike Brown. "The Dwarf Planets". Consultado o 28-12-2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar