120 Battements par minute

filme de 2017 dirixido por Robin Campillo

120 Battements par minute é un filme francés de 2017 dirixido por Robin Campillo e protagonizado por Nahuel Pérez Biscayart, Arnaud Valois e Adèle Haenel. O filme conta a hiatoria do activismo pola SIDA de ACT UP Paris na década de 1990 en Francia. Campillo e o coguionista Philippe Mangeot baseáronse nas súas experiencias persoais con ACT UP no desenvolvemento da historia.

120 Battements par minute
Ficha técnica
Título orixinal120 Battements par minute
DirectorRobin Campillo
ProdutorHugues Charbonneau
Marie-Ange Luciani
Jacques Audiard
GuiónRobin Campillo
Philippe Mangeot
IntérpretesNahuel Pérez Biscayart
Arnaud Valois
Adèle Haenel
Antoine Reinartz
MúsicaArnaud Rebotini
FotografíaJeanne Lapoirie
MontaxeRobin Campillo
Anita Roth
Stephanie Leger
EstudioLes Films de Pierre
France 3 Cinéma
Page 114
Memento Films
FD Production
DistribuidoraMemento Films
EstreaFestival de Cannes: 20 de maio de 2017
Francia 23 de agosto de 2017
Duración140 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama
Orzamento6,2 millóns de dólares[1]
Recadación7,7 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt6135348 Filmaffinity: 849738 Allocine: 245592 Rottentomatoes: m/bpm Mojo: beatsperminute Metacritic: movie/bpm-beats-per-minute Editar o valor em Wikidata

Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017. En Cannes obtivo a aclamación da crítica e catro premios, incluíndo o Gran Premio. Foi escollido como candidato de Francia ó Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse editar

A principios da década de 1990, un grupo de activistas pola SIDA asociados coa sección parisiense de ACT UP dedícase a realizar accións para loitar contra a epidemia da SIDA. Aínda que o goberno francés declaou a súa intención de apoiar os enfermos, a organización protesta en público pola súa inactividade, acusándoo de censurar e minimizar a loita contra a doenza. Cando a compañía farmacéutica Melton Pharm anuncia os seus plan de anunciar os resultados das súas investigacións nunha importante conferencia o ano seguinte, ACT UP invade as súas oficinas con sangue falso esixindo que os publique inmediatamente. Ao mesmo tempo, dentro da organización, os seus membros debaten as estratexias do grupo.

Personaxes editar

  • Nahuel Pérez Biscayart como Sean Dalmazo
  • Arnaud Valois como Nathan
  • Adèle Haenel como Sophie
  • Antoine Reinartz como Thibault
  • Félix Maritaud como Max
  • Médhi Touré como Germain
  • Aloïse Sauvage como Eva
  • Simon Bourgade como Luc
  • Catherine Vinatier como Hélène
  • Saadia Ben Taieb como nai de Sean
  • Ariel Borenstein como Jérémie
  • Théophile Ray como Marco
  • Simon Guélat como Markus
  • Jean-François Auguste como Fabien
  • Coralie Russier como Muriel
  • Samuel Churin como Gilberti (Melton Pharm)
  • François Rabette como Michel Bernin

Notas editar

  1. "120 battements par minute (Beats Per Minute) (2017)". JP's Box-Office. Consultado o 4 de novembro de 2017. 
  2. "BPM (Beats Per Minute) (2017) - International Box Office Results". Box Office Mojo. Consultado o 19 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar