ẟ
O delta latino ( ẟ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. É semellante á letra grega delta.
Historia
editarO delta latino deriva da letra d manuscrita (“d insular”).
Unha proposta para incluír varios caracteres medievais no Unicode chamaba a esta letra LATIN SMALL LETTER SCRIPT D[1] pero finalmente foi chamada como LATIN SMALL LETTER DELTA[2] ao ser incluída no 2008.
Uso
editar- Emprégase esta letra nas transcricións do galés medieval para representar o son [ð], representado no galés moderno polo dígrafo "dd".
- Tamén aparece no alfabeto do vakhí,[3] no que se usa como maiúscula a letra grega delta maiúscula ( Δ ).
Notas
editar- ↑ "Proposal to add medievalist characters to the UCS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2014.
- ↑ "Resolutions of WG 2 meeting 48" (PDF).[Ligazón morta]
- ↑ Omniglot (ed.). "Wakhi". Consultado o 15 de febreiro de 2014.