Abrir o menú principal

Đura Džudžar, nado o 22 de abril de 1954 en Đurđevo (Serbia), é un bispo católico bizantino serbio, dende 2003 exarca apostólico de Serbia.

Ђура Џуџар / Đura Džudžar
Bispo da Igrexa Católica Bizantina en Croacia, Serbia e Montenegro
Biografía
Nacemento22 de abril de 1954 en Đurđevo, Iugoslavia
Ordes
Ordenación sacerdotal7 de setembro de 1980, por Gabrijel Bukatko
Consagración episcopal19 de marzo de 2001, por Xoán Paulo II
Exarca apostólico de Serbia
2003 - actualidade
Cargos anterioresBispo auxiliar de Mukacheve (2001 - 2003)
Outros
Coat of arms of Đura Džudžar.svg
Escudo de Đura Džudžar
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Foi ordenado sacerdote da eparquía de Križevci o 7 de setembro de 1980. O 3 de marzo de 2001 Xoán Paulo II nomeouno bispo auxiliar da eparquía de Mukacheve, sendo consagrado bispo polo mesmo papa. O 28 de agosto de 2003 foi nomeado exarca apostólico de Serbia e Montenegro.