Óscar Gómez Pérez

futbolista español

Óscar Gómez Pérez, nado en Allariz o 24 de xullo de 1968, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de defensa.

Óscar Gómez Pérez
Información persoal
Nacemento 24 de xullo de 1968
Lugar de nacemento Allariz
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Óscar comezou a súa carreira deportiva como sub-20 xogando no Arenteiro do Carballiño, debutando nun partido de máxima rivalidade co CD Ourense, conseguindo anotar un dos goles que servirían para obter a vitoria. Posteriormente pasou ao Deportivo da Coruña B para, en 1988 chegar ao primeiro equipo. Máis tarde xogou no CD Ourense e CF Puente para regresar novamente ao Carballiño na tempada 1999-00.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar