Órbita alta terrestre

órbita xeocéntrica de altitude superior á órbita xeoestacionaria

Unha órbita alta terrestre é unha órbita xeocéntrica cunha altitude enteiramente por riba da órbita xeoestacionaria (ou xeosincrónica, isto é, cunha altura de 35 786 quilómetros).[1] O período orbital de tales órbitas é maior que 24 horas, polo que os satélites en tales órbitas teñen un movemento aparente retrógrado. Ou sexa, mesmo se teñen unha órbita progrado (90° > inclinación ≥ 0°), a súa velocidade angular orbital é menor que a velocidade de rotación da Terra, o que causa que o seu movemento sexa visto dende a superficie terrestre como indo cara ó oeste.

Esquema de escala de órbitas terrestres baixa, media e alta
Diagrama das diferentes órbitas segundo a altura: 1. Terra. 2. Zona de órbitas baixas. 3. Zona de órbitas medias. 4. Órbita xeoestacionaria. A zona exterior a esta sería a que marca as órbitas altas, limitado só o seu tamaño pola necesidade de ser cerrada.
Diagrama das diferentes órbitas segundo a altura: 1. Terra. 2. Zona de órbitas baixas. 3. Zona de órbitas medias. 4. Órbita xeoestacionaria. A zona exterior a esta sería a que marca as órbitas altas, limitado só o seu tamaño pola necesidade de ser cerrada.

Exemplos de satélites en órbita alta terrestre editar

Nome NSSDC id. Data de lanzamento Perixeo Apoxeo Período Inclinación
Vela 1A[2][3] 1963-039A 17/10/1963 101 925 km 116 528 km 6519 min 37,8°
IBEX 2008-051A 19/10/2008 61 941 km 290 906 km 12 963 min 16,9°

Notas editar

  1. "User support guide: platforms. NASA Goddard Space Flight Center.". Arquivado dende o orixinal o 27/05/2010. Consultado o 15/12/2020.  Arquivado 27/05/2010, en Wayback Machine.
  2. "Encyclopedia Astronautica Index: 1". www.astronautix.com. Consultado o 2020-12-15. 
  3. "NASA - NSSDCA - Spacecraft - Details". nssdc.gsfc.nasa.gov. Consultado o 2020-12-15. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar