Ángstrom
O ángstrom[1] (ångström) é unha unidade de lonxitude equivalente a 10−10m. Utilízase principalmente para expresar lonxitudes de onda das radiacións e o tamaño dos átomos. A súa abreviatura é Å.
O seu nome é en honra do físico sueco Anders Jonas Ångström, un dos fundadores da espectroscopía.
O ángstrom non é unha unidade do sistema internacional de medidas. Non obstante, está considerada como unha das unidades útiles para responder a necesidades específicas de certos campos científicos técnicos. A publicación El Sistema Internacional de Unidades SI da Oficina Internacional de Pesos e Medidas, editado polo Centro Español de Metroloxía, dispoñible electronicamente, inclúeo na Táboa 8 (Outras unidades non pertencentes ao SI), e di:[2]
O ångström utilízase amplamente na cristalografía de raios X e en química estrutural porque todos os enlaces químicos se encontran no rango de 1 a 3 ångströms. Con todo, o ångström non foi sancionado oficialmente polo CIPM nin pola CGPM.
e sobre o seu uso advirte que certas unidades non pertencentes ao SI aínda aparecen en publicacións científicas, técnicas e comerciais e que continuarán en uso durante moitos anos. Non obstante, tamén sinala que os científicos deben ter a liberdade de utilizar ás veces ditas unidades se o consideraran conveniente, aínda que a inclusión de tales unidades nos seus textos non implica a recomendación do seu uso.
EquivalenciasEditar
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ángstrom.
- ↑ "' 'El Sistema Internacional de Unidades SI" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2012. Consultado o 31 de agosto de 2012.
- ↑ [1] El Secreto de Los Numeros. Escrito por André Jouette. pag 85. books.google.es