Área de Halifax (Florida)

Área de Halifax


Localización no estado de Florida

Maiores cidades Daytona Beach

Deltona
Port Orange
New Smyrna Beach

Fuso horario EST-Eastern Standard Time: UTC-5

A Área Urbanizada de Daytona Beach-Port Orange, localizada na Área de Halifax.

A Área de Halifax (inglés: Halifax Area) ou simplemente Daytona é unha rexión vernácula no estado de Florida, que comprende a área situada ao redor de Daytona Beach. Comprende aproximadamente a Área Metropolitana de Daytona Beach e o Condado de Volusia, Florida. Houbo un bo feixe de intentos de establecer unha identidade rexional para Daytona, incluíndo as xa empregadas de "Costa do Surf" (Surf Coast) e "Costa da Diversión (Fun Coast). O nome de "Área de Halifax" refírese ao Río Halifax, que discorre a través de Daytona Beach e outros concellos próximos.

Historia editar

A área ao redor do río Halifax mantivo poboacións estables desde finais do século XIX, e obtivo fama internacional polas súas praias e as súas carreiras de automóbiles desde principios do século XX. Porén, levaba décadas sendo unha rexión popular para ás áreas lindeiras. Hoxe, a rexión coñécese de xeito habitual simplemente como "Daytona" ou a "área de Halifax"[1].

Como moitas outras partes de Florida, houbo moitos intentos de crear unha identidade rexional para a área de Halifax. Habitualmente estas tentativas introducían o termo "Costa", como sucede con Gold Coast, Space Coast e First Coast. Na década de 1970, promotores turísticos bautizaron a área como a "Costa do Surf". O concepto foi a continuación adoptado pola poboación en xeral, aparecendo en publicacións da época e nunha enquisa elaborada en 1982 sobre as rexións de Florida polos xeógrafos Ary J. Lamme e Raymond K. Oldakowski. Máis adiante, non obstante, o emprego e o recoñecemento de "Costa do Surf" decaeu. De feito, unha actualización da enquisa de Lamme e Oldakowski elaborada en 2007 constatou que era unha das rexións menos coñecidas de Florida, sendo mencionada explicitamente só por un dos enquisados e aparecendo só moi de vez en cando en publicacións e en materias promocionais da área[2].

Na década de 1990 os promotores iniciaron unha nova campaña de mercadotecnia para alcumar á rexión como a "Costa da Diversión" (Fun Coast). Esta marca tivo previamente unha boa aceptación nas áreas de Saint Petersburg, na década de 1980[3], e en Fort Lauderdale, en 1993[4]. Sobre 1995 os promotores deron pulo ao emprego de "Costa da Diversión" para os condados de Volusia e Flagler conxuntamente[5]. En 1999, cando a área de Halifax estaba a punto de abandonar o indicativo rexional telefónico co número "904", a Cámara de Comercio da Área de Daytona Beach/Halifax apertou para obter como novo indicativo rexional o número aínda non asignado de "386", que deletreado nun teclado telefónico podía lerse en inglés como "FUN" (diversión). Esta medida, apoiada por varios gobernos oficiais, axencias e residentes, obtivo éxito e o indicativo rexional co número 386 foi outorgado para a área ao redor de Daytona[6][7], así como para partes confinantes de Northeast Florida (o condado de Putnam) e Central Florida (o condado de Seminole), e non confinantes (os condados de Hamilton, Suwannee, Lafayette, Union e Columbia) de North Central Florida[8].

Independentemente destas campañas, as formas "área de Halifax" e "Daytona" continúan sendo as máis comúns par referirse a esta rexión polas organizacións locais[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 (Lamme & Oldakowski 2007, p. 332).
  2. (Lamme & Oldakowski 2007, p. 332-333).
  3. (Moss & 27-1-1988).
  4. "Fun Coast? Dizzy World is more like it". Miami Herald (en inglés). 31-8-1993. 
  5. (Evans & 16-7-1995).
  6. Laff, Michael (16-6-1999). "Officials Hang on for New Area Code Split Imminent for 904 Calling Area". Daytona Beach News-Journal (en inglés). 
  7. Koslow, Bob (17-8-2000). "PSC Set to Release Area Code Proposal". Daytona Beach News-Journal (en inglés). 
  8. Florida Public Service Commission (ed.). "Area Code Information Page" (en inglés).  Distribución en plano do prefixo telefónico 386 no mapa de Florida.

Véxase tamén editar

Referencias xornalísticas editar