Ángel Rodríguez Vázquez

profesor e político galego

Ángel Rodríguez Vázquez, nado en Viveiro o 30 de abril de 1924 e finado no mesmo concello o 31 de xaneiro de 2016,[1] foi un profesor e político galego.

Ángel Rodríguez Vázquez
Nacemento30 de abril de 1924
Lugar de nacementoViveiro
Falecemento31 de xaneiro de 2016
Lugar de falecementoViveiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Criouse en Valcarría. En xaneiro de 1936 marchou a Madrid onde permaneceu durante a guerra civil. Regresou a Valcarria onde entrou a traballar no complexo industrial Barro-Chavín. Estudou perito industrial. Despois integrouse na Escola de Mestría de Viveiro, onde exerceu 31 anos, e foi director. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas por UCD. Foille concedida a Medalla de Bronce de Galicia en 2000.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-2-2016, p. 29.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar