Álvaro Romero

futbolista español
(Redirección desde «Álvaro Romero Morillo»)

Álvaro Romero Morillo, nado en Sevilla o 17 de maio de 1996, é un futbolista español que xoga como extremo no Tenerife, da Segunda División.

Álvaro Romero
Información persoal
Nome Álvaro Romero Morillo
Nacemento 12 de maio de 1996
Lugar de nacemento Sevilla
Altura 1,67 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Tenerife
Número 7
Carreira xuvenil
Nervión
2014–2015 Diocesano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2014 Nervión
2015–2016 Azuaga 37 (20)
2016–2017 Arenas de Getxo 20 (4)
2017 Murcia 0 (0)
2017 Jumilla 10 (0)
2017–2018 Badajoz 13 (0)
2018–2019 Extremadura B 24 (13)
2018–2019 Extremadura 4 (0)
2019–2021 Unionistas 26 (1)
2020–2021 Algeciras 26 (4)
2021–2023 Algeciras 63 (23)
2023– Tenerife 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas canteiras do Nervión e do CD Diocesano, debutando co primeiro equipo do primeiro deles na tempada 2013/14. Na 2015/16 xogou co CD Azuaga na Tercera División, sendo o máximo goleador do equipo con 20 goles.[1] A continuación fichou polo Arenas de Getxo, co que xogou un ano na Segunda División B.[2]

Nos seguintes anos xogou no Real Murcia, que o cedeu ao Jumilla,[3] no Badajoz e no Extremadura B.[4] O 30 de setembro de 2018 debutou co primeiro equipo do Extremadura na Segunda División, substituíndo a Chuli na segunda metade dun partido ante o Elche.[5] Na tempada 2019/20 militou no Unionistas de Salamanca, co que disputou 26 partidos en liga e tres na Copa do Rei, competición esta última na que lle marcou un gol ao Real Madrid.[6][7]

Na tempada 2020/21 xogou cedido no Algeciras, club que o adquiriu en propiedade para a seguinte campaña.[8][9] En xuño de 2023 asinou un contrato de tres anos co Tenerife, da Segunda División.[10]

Notas editar

  1. Lemes, Edu (16 de novembro de 2016). "'La Perla de Bronce': Álvaro Romero, desborde y control" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  2. "Álvaro Romero primer fichaje del Arenas donde siguen las renovaciones" (en castelán). 26 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  3. "El Real Murcia ficha a Álvaro Romero y lo cede al Jumilla" (en castelán). 1 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  4. "El Badajoz confirma el fichaje de Álvaro Romero" (en castelán). 18 de agosto de 2017. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  5. "Un Elche en inferioridad se repone a su 'pena máxima'". Marca (en castelán). 30 de setembro de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  6. "El Unionistas anuncia el fichaje de Álvaro Romero, procedente del Extremadura" (en castelán). 26 de xuño de 2019. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  7. "Así es Álvaro Romero, el goleador sevillano del Unionistas - Real Madrid" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2023. [Ligazón morta]
  8. "Álvaro Romero jugará cedido en el Algeciras CF durante la temporada 2020-21" (en castelán). 24 de setembro de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  9. González, Alessio (13 de xullo de 2021). "Álvaro Romero ya es del Algeciras: acuerdo con Unionistas de Salamanca por 25.000 euros" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  10. "Álvaro Romero, nuevo refuerzo del CD Tenerife" (en castelán). 29 de xuño de 2023. Consultado o 18 de decembro de 2023.