Álvaro Domínguez Benavides

médico e farmacéutico galego

Álvaro Domínguez Benavides, nado en Ponteareas en 1902 e finado en Venezuela en 1977, foi un médico e farmacéutico galego.

Álvaro Domínguez Benavides
Nacemento1902
Lugar de nacementoPonteareas
Falecemento1977
Lugar de falecementoVenezuela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e farmacéutico
PaiManuel Domínguez Sánchez
IrmánsManuel Domínguez Benavides e José Domínguez Benavides
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do médico de Ponteareas Manuel Domínguez Sánchez e irmán de Manuel Domínguez Benavides. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1926. Foi médico en Ponteareas. En 1935 obtivo a licenciatura en farmacia na USC.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exerceu un tempo en Ponteareas como médico e analista ata exiliarse en Venezuela en 1942. En Venezuela traballou como médico rural en Grita-Zulia ata o seu falecemento. Visitou Galicia en 1957 e 1963.[2][3]

Vida persoalEditar

Casou en Vigo con María de la Asunción Pino Bernal en 1926.[4]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 23-8-1935, p. 8.
  2. La Noche, 22-3-1957, p. 2.
  3. La Noche, 12-6-1963, p. 9.
  4. El Eco de Santiago, 5-4-1926, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar