Os ácidos sólidos son ácidos que non se disolven no medio de reacción. Utilízanse a miúdo na catálise heteroxénea.

Exemplos editar

A maioría dos ácidos en estado solido son ácidos orgánicos, como o ácido oxálico, ácido tartárico, ácido cítrico, ácido maleico, etc. Exemplos inorgánicos son os silico-aluminatos (ceolitas, alúmina, silico-alumino-fosfato), e circonia sulfatada. Moitos óxidos de metais de transición son ácidos, incluíndo os de titanio, circonio e niobio.[1] Ditos ácidos son utilizados no cracking. Mitos ácidos de Brønsted sólidos tamén se empregan industrialmente, como o polistireno sulfonado, o ácido fosfórico sólido, o ácido nióbico e os heteropolioxometalatos.[2]

Aplicacións editar

Os ácido sólidos úsanse en catálises en moitos procesos químicos industriais, desde o cracking catalítico a larga escala no refinado do petróleo para a síntese de varios compostos químicos valiosos.[3]

Unha aplicación a larga escala é a alquilación, por exemplo, a combinación de benceno e etileno para orixinar etilbenceno. Outra aplicación é o rearranxo da ciclohexanona oxima a caprolactama.[4] Moitas alquilaminas prepáranse por aminación de alcohois, catalizada por ácidos sólidos.

 
A ceolita, ZSM-5 é amplamente usada como catalizador ácido sólido.

Os ácidos sólidos poden utilizarse como electrólitos nas células de combustible.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Boysen, Dane A.; Uda, Tetsuya; Chisholm, Calum R. I.; Haile, Sossina M. (2004-01-02). "High-Performance Solid Acid Fuel Cells Through Humidity Stabilization" (PDF). Science (en inglés) 303 (5654): 68–70. Bibcode:2004Sci...303...68B. ISSN 0036-8075. PMID 14631049. doi:10.1126/science.1090920. 
  2. Busca, Guido "Acid Catalysts in Industrial Hydrocarbon Chemistry" Chemical Reviews 2007, volume 107, 5366-5410. doi 10.1021/cr068042e
  3. "Solid Acid Catalysis: From Fundamentals to Applications". CRC Press. Consultado o 2016-09-15. 
  4. Michael Röper, Eugen Gehrer, Thomas Narbeshuber, Wolfgang Siegel "Acylation and Alkylation" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2000. doi 10.1002/14356007.a01_185

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.