¡Despertad!
¡Despertad! foi un periódico anarcosindicalista aparecido en Vigo entre 1928 e 1930.
¡Despertad! | |
---|---|
Fundación | 1928 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vigo |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en 1928 para substituír a El Despertar Marítimo. Publicación decenal, logo semanal, órgano da Federación Regional Marítima, afecto á CNT. Estivo dirixido por José Villaverde Velo. Entre os seus colaboradores figuraron Dalmacio Bragado Ruiz, Antonio Ramos Varela e Eladio Díez. Serviu de enlace entre as diferentes tendencias da CNT. Foi substituído por Redención Marítima.
Viviu unha segunda época, dende 1977, cando menos ata 1978, co subtítulo de Orgao da Federación local da CNT-AIT de Vigo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Despertad!". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Madrid Santos, F. (1989). La prensa anarquista y anarcosindicalista en España desde la I Internacional hasta el final de la Guerra Civil (tese, CC BY 3.0 ES) (en castelán). UB.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.