Zurich Premiership 2001-2002

A tempada 2001-2002 da Zurich Premiership foi a décimo quinta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Zurich do seu principal patrocinador, unha empresa aseguradora.

Aviva Premiership
Fundación1987
RexiónInglaterra Inglaterra
Equipos12
Actual campiónHarlequins (1º título)
Máis laureadoLeicester (9 títulos)
Sitio webPáxina oficial
Tempada 2012-2013

Formato da competición editar

O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.
  • 1 punto bonus por anotar 4 ensaios ou máis nun encontro (BO).
  • 1 punto bonus por perder un encontro por 7 puntos ou menos de diferenza (BD).

A liga comezou o 1 de setembro de 2001, e rematou o 12 de maio de 2002.

Táboa editar

  Zurich Premiership — Tempada 2001/02
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
  Leicester 83 22 18 0 4 10 1
  Sale 69 22 14 1 7 9 2
  Gloucester 68 22 14 0 8 8 4
  Irish 57 22 11 3 8 3 4
  Northampton 56 22 12 1 9 4 2
  Newcastle 56 22 12 1 9 3 3
  Wasps 54 22 12 0 10 3 3
  Bristol 50 22 9 1 12 7 5
  Harlequins 35 22 5 3 14 5 4
10º   Saracens 34 22 7 0 15 1 5
11º   Bath 33 22 7 0 15 0 5
12º   Leeds 28 22 6 0 16 2 2

<<<< 2000/01 — Tempadas — 2002/03 >>>>


En azul      o campión (1º).
Este ano non houbo descensos porque o equipo que tiña que ascender non cumpría uns requisitos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar