Leicester Football Club (tamén chamados Leicester Tigers) é un club profesional de rugby da cidade inglesa de Leicester, que compite na Aviva Premiership, na Heineken Cup e na Anglo-Welsh Cup. Compite como local no Welford Road Stadium.

Leicester Tigers
NomeLeicester Football Club
Alcume(s)Tigers
Fundación1880
SedeLeicester, Inglaterra
Estadio(s)Welford Road
Capacidade25.849 espectadores
PresidenteInglaterra Peter Tom
Adestrador Aaron Mauger
CapitánInglaterra Tom Youngs
Liga(s)Aviva Premiership
2015/16
Casa
Fóra
Na rede
http://www.tigers.com
Twitter: LeicesterTigers Instagram: leicestertigers Musicbrainz: a214e432-9977-44e6-8161-25f58370dc83 Editar o valor em Wikidata

Os Leicester Tigers son o club máis laureado do rugby inglés, e un dos máis laureados do rugby europeo e mundial. É un dos catro equipos da Premiership que nunca perdeu a categoría, sendo o 6º posto o seu peor resultado. É ademais o único equipo inglés que participou en tódalas edicións da Heineken Cup nas que competiron clubs ingleses. Así mesmo, os seus seareiros son coñecidos como uns dos máis entendidos e numerosos no continente. Os grandes rivais do club en Inglaterra son Bath Rugby, London Wasps e Northampton Saints.

Historia editar

O club foi fundado en 1880, pero tardou moito tempo en xuntar grandes éxitos xa que en Inglaterra non houbo campionatos oficiais a nivel de clubs ata a creación da copa inglesa, competición que hoxe se chama Anglo-Welsh Cup, e que comezou a disputarse en 1971. A primeira presenza de Leicester Tigers na final foi no ano 1978, caendo derrotado fronte a Gloucester Rugby. Resarciuse daquela derrota conquistando o torneo os 3 anos seguintes.

Na tempada 1987/88 comezou a disputarse a Liga Inglesa, tomando parte nela o Leicester Tigers, que ese mesmo ano se proclamou primeiro campión de liga.

 
Nova tribuna do Welford Road Stadium.

Dende os comezos do século XX era tradicional que cada 26 de decembro se enfrontasen o Leicester Football Club e o Barbarian Football Club en partido amigable, pero nos anos 90 esa tradición quedou esquecida xa que se converteu en normal que se xoguen partidos da Premiership inglesa durante as datas do Nadal.

Co remate da etapa dos equipos afeccionados do rugby a mediados da década dos 90, en Europa se creou a primeira competición continental, a Heineken Cup. Os Leicester Tigers chegaron á final na súa segunda participación, na tempada 1996/97, caendo derrotados fronte ó conxunto francés de Brive por 28 a 9. A vinganza chegou na tempada 2000/01 na que Leicester Tigers se proclamou campión de Europa vencendo na final ó Stade Français por 34 a 30. Na tempada seguinte, a 2001/02, o equipo repetiu éxito na máxima competición continental derrotando na final a Munster Rugby por 15 a 9. Dende ese ano Leicester Tigers intentou reconquistar o título sen faltar a ningunha edición do campionato, chegando en outras 2 ocasiones á final nas tempadas 2006/07 e 2008/09, caendo derrotado nas dúas fronte a London Wasps por 25 a 9 e Leinster Rugby por 19 a 16 respectivamente.

Estadio editar

O mítico estadio dos Leicester Tigers é Welford Road, construído en 1892, e que foi recentemente renovado para ampliar a súa capacidade ata os 24.000 seareiros.

Palmarés editar

Competicións nacionais editar

Leicester Tigers é o equipo máis laureado na Premiership inglesa, con 9 títulos dende 1988, ano de creación da liga. Até o 2012, o equipo levaba disputadas 8 finais consecutivas, o que dá boa idea do potencial competitivo que ten o club nos últimos anos dentro da súa liga.

Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
  Liga inglesa 10 - 3 3 2 2 1 1 1 4 2 2 1 5 6 1 1 1 1 4 4 2 1 2 3 6 4 5 6 1
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
  Copa inglesa 7 - C F C C F F C F F C C C F
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais editar

Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
Copa de Campións Europea de Rugby   Copa de Europa 2 - g ¼ ¼ g ¼ g F g F ¼ ½ g ¼ C C g ¼ F
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual editar

  Aviva Premiership — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
  Saracens 37 9 8 0 1 4 1
  Exeter 34 9 7 0 2 4 2
  Harlequins 31 9 6 1 2 3 2
  Leicester 29 9 7 0 2 1 0
  Northampton 22 9 4 0 5 1 5
  Wasps 20 9 4 0 5 2 2
  Gloucester 20 9 4 1 4 1 1
  Sale 17 8 3 1 4 1 2
  Bath 17 8 3 0 5 1 3
10º   Worcester 10 9 2 0 7 1 3
11º   Irish 8 9 2 0 7 0 0
12º   Newcastle 7 9 1 1 7 0 1

<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
En amarelo      posición para disputar o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).


Equipo actual editar

 
Brett Deacon gañando un saque de lateral o 1 de decembro de 2012 fronte ó Bath Rugby.
LEICESTER TIGERS
Xogadores do primeiro equipo

Adestradores editar

O primeiro adestrador dos Tiguers logo da profesionalización do rugby inglés en 1996 foi o australiano Bob Dwyer, que substituíu o inglés Chalkie White, quen dirixira ao equipo de Leicestershire entre 1968 e 1983. A continuación todos os adestradores do equipo dende o inicio da era profesional:[1][2]

Adestradores dos Leicester Tigers
Name Nacionalidade Inicio Fin P v E D %Vitorias Palmarés Ref.
Bob Dwyer   Australia 1996 1998 70 52 1 17 74.26 1997 Pilkington Cup [3]
Dean Richards   Inglaterra 1998 2004 209 138 6 65 66.03 1998–99 Premiership, 1999–00 Premiership, 2000–01 Premiership, 2000–01 Zurich Championship, 2000–01 Heineken Cup, 2001–02 Premiership, 2001–02 Heineken Cup [4][5]
John Wells   Inglaterra 2004 2005 45 31 5 9 68.88 [6]
Pat Howard   Australia 2005 2007 75 49 4 22 65.33 2006–07 Premiership, 2006–07 Anglo Welsh Cup [7][8]
Richard Cockerill (interino)   Inglaterra 2007 2007 8 5 0 3 62.50 [9]
Marcelo Loffreda   Arxentina 2007 2008 27 15 0 12 55.55 [10]
Heyneke Meyer   Suráfrica 2008 2009 21 13 1 7 61.90 [11][12]
Richard Cockerill   Inglaterra 2009 Presente 274 178 11 85 64.96 2008–09 Premiership, 2009–10 Premiership, 2011-12 Anglo-Welsh Cup, 2012–13 Premiership [13]

Notas editar

  1. "Leicester Tigers" (en inglés). Talk Rugby article. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  2. "Peter Wheeler talks to the Leicester Mercury" (en inglés). Leicester Tigers. 19 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  3. "BOB DWYER. Australi" (en inglés). espn.co.uk. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  4. Souster, Mark (18 de febreiro de 1998). "Leicester dismiss Dwyer and hand reins to Richards". The Times (Londres, Inglaterra). Newsbank. Rugby union's revolving door saw Bob Dwyer exit from Leicester yesterday with immediate effect to be passed on the way in by Dean Richards, who will assume responsibility for coaching and first-team affairs. 
  5. "Richards leaves Tigers" (en inglés). Telegraph. 2 de febreiro de 2004. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  6. "Player Bio. John Wells" (en inglés). Newcastle Falcons. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  7. "Pat: 'Every Club Goes Through Change'" (en inglés). Leicester Tigers. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  8. "Tigers step up hunt for new coach". BBC (en inglés). 29 de decembro de 2006. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  9. "Richard Cockerill dismisses talk of 'toxic' Leicester Tigers coaching set-up". BBC (en inglés). 17 de decembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  10. "Loffreda named as new Tigers boss". BBC (en inglés). 25 de abril de 2007. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  11. "Heyneke Meyer is named head coach" (en inglés). Leicester Tigers. 30 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  12. "Meyer resigns as Leicester coach". The Guardian (en inglés). 28 de xaneiro de 2004. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  13. "Richard Cockerill: Leicester's combustible, controversial coach". BBC (en inglés). 24 de outubro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar