Zhu Yizun

Poeta da dinastía Qing

Zhu Yizun (chinés tradicional: 朱彝尊; chinés simplificado: 朱彝尊; pinyin: Zhū Yízūn; Wade-Giles: Chu1 I2-tsun1), nome de cortesía Xichang 錫鬯, nado en Zhejiang no 1629 e finado no 1709, foi un escritor e poeta chinés da dinastía Qing.[1][2][3] Durante os seus primeiros anos, foi recoñecido polo seu talento e axudado por Gong Dingzi. Zhu fundou a escola Zhexi da poesía ci 詞.

Infotaula de personaZhu Yizun (朱彝尊)
Biografía
Nacemento7 de outubro do 1629
Zhejiang
Morte14 de novembro do 1709
Datos persoais
País de nacionalidadeChinesa
Grupo étnicoHan
RelixiónConfucianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPoeta
MovementoQ10385122 Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico e Old Mandarin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiQ11094696 Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Zhu Yizun naceu en Zhejiang o 7 de outubro do 1629.[1][3] Na súa mocidade, loitou contra as tropas manchús que acabarían por fundar a dinastía Qing.[3] Posteriormente, aprobou os exames imperiais e obtivo un posto de editor na Academia Hanlin.[3] No 1692, decidiu retirarse e regresar á súa cidade natal, onde se dedicou á poesía e ao estudo.[3] Faleceu o 14 de novembro do 1709.[1][3]

Obra editar

Poesía editar

Zhu Yizun estivo influenciado polos poetas da dinastía Song, coma Jiang Kui e Zhang Yan. Entre as súas obras, sobrevive a escolma Jingzhiju qinqu 静志居琴趣, na que se describe o seu amor ilícito pola súa media irmá, Shouchang. Trátase dun libro destacado no desenvolvemento do estilo yan 豔 da poesía ci.

Escribiu 80 dos volumes da colección Pu shuting ji 曝书亭集 ("Escolma do Pavillón dos Libros Expostos"), entre outras. A súa compilación Ci zong 詞綜 ("Síntese do ci") foi moi importante no estudo dos ci.[3]

Ensaio editar

Participou na edición do Mingshi 明史 ("Historia dos Ming"), a historia dinástica oficial dos Ming.[3] Tamén contribuíu ao comentario dos clásicos chineses co seu longo Jinyi kao 經義考.[3] Así mesmo, escribiu o Kongmen dizi kao 孔門弟子考 ("Estudo sobre os discípulos da escola de Confucio"), no que ofrece datos biográficos e información de interese filosófica.[3]

Relación con Wang Shizhen editar

O seu traballo estivo vinculado ao de Wang Shizhen (1634-1711), co que foi comparado con frecuencia.[3] Ambos eran coñecidos coma nan Zhu bei Wang 南朱北王 ("Zhu do sur e Wang do norte"), en referencia ás súas respectivas rexións de orixe.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Zhu Yizun - Confucianism, Poetry, Essays - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-01-22. Consultado o 2024-02-16. 
  2. Zhang, Hongsheng (2002). "Gong Dingzi and the Courtesan Gu Mei: Their Romance and the Revival of the Song Lyric in the Ming-Qing Transition". McGill University (en inglés). Consultado o 16-02-2024. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 Theobald, Ulrich. "Zhu Yizun 朱彝尊 (www.chinaknowledge.de)". www.chinaknowledge.de (en inglés). Consultado o 2024-02-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Zhu Yizun (La literatura china traducida en España)