Wang Shizhen

Poeta da dinastía Qing

Wang Shizhen (chinés tradicional e simplificado: 王士禛; pinyin: Wáng Shìzhēn; Wade-Giles: Wang2 Shih4-chen1), nome de cortesía Zizhen 子真 ou Yishang 贻上, nado no 1634 e finado no 1711, foi un poeta e erudito chinés da dinastía Qing.[1][2][3]

Infotaula de personaWang Shizhen

Editar o valor em Wikidata
Nome póstumo文簡 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1634 Editar o valor em Wikidata
Morte1711 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Minister of Justice (imperial China) (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Qing Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo han Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico e Old Mandarin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiWang Yuchi (en) Traducir e Wang RR (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsWang Shilu (en) Traducir e Wang Shihu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Wang Shizhen naceu na provincia de Shandong.[2][3] Tivo unha próspera carreira como funcionario imperial, chegando a ser presidente do Ministerio de Censura no 1698, e da Xunta de Castigos no 1699.[2] Publicou a súa primeira colección de poesía aos 14 anos, e cara ao 1661 xa tiña unha enorme reputación literaria.[2]

Obra editar

Durante a súa vida, escribiu unhas vinte escolmas de poesía, e editou múltiples antoloxías.[2] Elaborou a súa propia poética, centrada arredor da noción de shenyun 神韵 ("graza, elegancia"), que combina a realidade obxectiva coa subxectividade da interioridade do creador.[2] A súa teoría da literatura estivo moi influenciada polas Ershisi shipin 二十四诗品 ("As vinte e catro categorías da poesía"), de Sikong Tu 司空图, unha das principais poéticas chinesas.[3]

A súa obra foi frecuentemente comparada coa de Zhu Yizun (1629-1709), até o punto de que ambos eran coñecidos coma nan Zhu bei Wang 南朱北王 ("Zhu do norte e Wang do sur"), en referencia ás súas rexións de orixe.[1]

Publicacións editar

  • Yu yang shiji 渔洋诗集
  • Yu yang wen lüe 渔洋文略
  • Chi bei ou tan 池北偶谈
  • Can wei ji 蚕尾集
  • Xiang zu biji 香祖笔记
  • Ju yi lu 居易录
  • Yuyang shihua 渔阳诗话
  • Gan jiu ji 感旧集

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Theobald, Ulrich. "Zhu Yizun 朱彝尊 (www.chinaknowledge.de)". www.chinaknowledge.de (en inglés). Consultado o 2024-02-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Wang Shizhen (Qing dynasty)". cuhk.edu.hk. Consultado o 2024-02-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 www.fractal-technology.com. "王士禛". 故宫博物院. Consultado o 2024-02-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar